El Colegio

Actualidad

Actualidad

10/01/2018

46 EDICIÓN PREMIOS LITERARIOS MINERVA

46 PREMIOS LITERARIOS MINERVA 2018, CONVOCADOS POLO COLEXIO M. PELETEIRO


BASES


PARTICIPACIÓN.- Poderán participar alumnos de Ensino Medio que cursen estudos en Galicia, e non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de decembro de 2018.


MODALIDADES.- Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega e poderán concorrer nas seguintes modalidades: POESÍA (un conxunto de tres poemas, de tema e forma libres) e NARRACIÓN (con extensión máxima de seis folios e mínima de dous, mecanografados a dobre espazo e de tema libre).


PRESENTACIÓN.- Enviaranse seis exemplares en papel e unha copia en soporte informático (Arial 12). Neles figurará o título e un pseudónimo ou lema, pero non o nome do autor. Nun sobre pechado introduciranse os datos personais do autor (nome, idade, enderezo postal e electrónico, teléfono particular, curso e Centro onde estuda), que -para acreditar a súa condición de alumno do Centro- virán selados polo Seminario de Galego. No exterior do sobre figurarán únicamente o pseudónimo ou lema e o título da obra.  Traballos e plica enviaranse conxuntamente a:

"PREMIOS LITERARIOS MINERVA", Colexio "M. PELETEIRO". 

Monte Redondo- Castiñeiriño

15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA


PREMIOS.- Concederanse tres premios en cada modalidade, de 600, 400 e 250 € respectivamente, medalla de prata conmemorativa do Certame e publicación das obras galardoadas nun libro editado polo Colexio "M. Peleteiro". Se na opinión do Xurado a calidade das obras así o requirise poderán outorgarse accésits. Os premios poderán declararse desertos.


XURADO.- Estará constituido por escritores e profesores de Lingua ou Literatura de distintos centros de ensino de Galicia, e darase a coñecer con anticipación á emisión do fallo.


PRAZO DE PRESENTACIÓN.- Remata o día 31 de xaneiro.


FALLO.- Farase público nos medios de comunicación e na web do Colexio o día 3 de marzo.


FINAL.- A entrega de premios terá lugar o día 5 de abril nun acto literario no Colexio "M. Peleteiro". Nel, os agasallados deberán ler, total ou parcialmente, a súa obra, que quedará en propiedade do Colexio organizador. Cómpre a asistencia do premiado ou premiada, ou ben dun representante que recolla o premio no seu nome.