El Colegio

Actualidad

Actualidad

14/11/2018

Distincións ao mérito deportivo de Galicia

O Colexio M. Peleteiro recibiu onte a Distinción ao mérito deportivo de Galicia 2018 nun acto celebrado no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela, e que reuniu a centos de persoas relevantes neste ámbito da nosa Comunidade Autónoma. 

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou na súa intervención os bos resultados e a ampla participación de rapaces nas distintas modalidades deportivas ( fútbol, baloncesto, patinaxe...). Méritos que xorden do traballo diario de adestradores e alumnos. Núñez Feijóo fixo entrega da distinción ao director do Colexio, D. Luis Peleteiro, e nas súsa verbas fixo fincapé na excelencia non só académica senón tamén deportiva que representa o centro Peleteiro para toda a comunidade educativa de Galicia. 

En total foron 26 as distincións entregadas pola Secretaría Xeral para o Deporte coas que recoñece a contribución de persoas e entidades á excelencia do deporte en Galicia, polo que é unha honra e unha alegría para o noso Colexio recibir este recoñecemento. 

Traballo en equipo, esforzo, recompensa, deportividade, son valores moi importantes que aporta o deporte na educación dos máis novos. Polo que estos galardóns supoñen tamén unha pequena homenaxe ao esforzo de adestradores, encargados da organización de actividades, monitores... que no día a día traballan a prol do bo facer e do desenvolvemento persoal dos rapaces. 

Camiñamos na boa dirección: implantando hábitos saudables e logrando que o deporte forme parte da vida dos alumnos. Queremos que esta distinción supoña un estímulo para continuar mellorando e proporcionando valores como os deportivos. ¡O éxito é de toda a comunidade educativa!