Fallo da XLV Edición dos Premios Minerva
O xoves día 2 de marzo, reuniuse o
xurado encargado de fallar os Premios Literarios Minerva na súa XLV
edición, presidido por D. Manuel Quintáns Suárez e D. Luís Alonso
Girgado nas modalidades de narración e poesía
respectivamente.
Entre un total de 164 traballos presentados,
92 na modalidade de narración e 72 na de poesía, procedentes de
toda Galicia, resultaron finalistas 29 narracións e 24 triloxías
poéticas. Desta obra o xurado acordou outorgar os distintos premios
do Certame.
O acto de Entrega dos Premios Minerva levarase a
cabo o próximo 30 de marzo, nun literario nas instalacións do
Colexio M. Peleteiro”.Nel actuará como mantedora a poeta Dª
Yolanda Castaño. Neste acto, os autores premiados lerán unha parte
da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá
integramente os traballos, tal como se vén facendo nos últimos
anos, e que será editado polo Colexio M. Peleteiro.
Este é o
extracto do fallo:
MODALIDADE DE NARRACIÓN
1º Premio, de 600 euros e medalla de
prata conmemorativa do Certame, a Alba Pérez Barcala, de 16 anos,
alumna de 1º de Bacharelato do IES de Cacheiras, Teo, polo seu
relato Lembras?.
2º Premio, de 400 euros e medalla de
prata conmemorativa, a Sandra Ferreiro García, de 16 anos, alumna de
1º de Bacharelato do IES Manuel García Barros da Estrada, pola súa
obra Entre o deserto e a néboa.
3º Premio, de 250 euros e
medalla de prata conmemorativa, a Lucía Blanco Miguéns, alumna de
1º de Bacharelato do Instituto Plurilingüe Eusebio da Guarda, da
Coruña, pola súa narración titulada Poemas por rematar.
O Xurado acordou outorgar:
Accésits:
1º Accésit a Iago Fraga Vilas, de 14
anos, alumno de 3º de ESO do IES Francisco Asorey de Cambados, polo
seu traballo A despedida.
2º Accésit a Cecilia Fidalgo
Castromil, de 16 anos, alumna de 1º de Bacharelato do Colexio Manuel
Peleteiro de Santiago, polo seu traballo Pedro Pasamontanas.
3º
Accésit a Iván Tubío Sanlés, de 17 anos, alumno de 2º de
Bacharelato do IES da Pobra do Caramiñal, polo seu traballo A
tea.
MODALIDADE DE POESÍA
1º Premio, de 600 euros e medalla de
prata conmemorativa deste certame literario, a Alba Pérez Carrera,
alumna de 2º de Bacharelato no IES Rosais 2 de Vigo, pola súa
triloxía A túa pegada.
2º Premio, de 400 euros e
medalla de prata conmemorativa, a Inés Outumuro Rodríguez, de 17
anos, que cursa 2º de Bacharelato no IES Eduardo Blanco Amor de
Ourense, polo seu poemario titulado Flor umbilical.
3º
Premio, de 250 euros e medalla de prata, a Iria Rivas Prieto, de 16
anos, estudante de 1º de Bacharelato no IES San Rosendo de
Mondoñedo, polo seu traballo Crónica dunha guerra.
O
Xurado acordou outorgar os seguintes
Accésits:
1º Accésit, a Carmela Franco
Caaveiro, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Moncho
Valcarce, de As Pontes, pola súa obra Sen.
2º
Accésit, a Laura Corral Corral, estudante de 2º de Bacharelato do
Colexio Santa María do Mar, de A Coruña, pola súa triloxía
presentada baixo o título de A muller segundo o pincel. Dende o
Taller do Pintor de Courbet ata as mulleres de Maruja Mayo.
3º
Accésit, a Juan Carlos Rocamonde Quintela, de 15 anos, estudante de
1º de Bacharelato no Colexio Manuel Peleteiro, de Santiago, pola súa
triloxía Entre rosas e cinzas.
Como resultado do
debate que deu lugar á elección dos premios e dos finalistas, o
xurado de poesía tivo ocasión de comprobar que os poemas premiados
son dunha extraordinaria calidade o que parece garantir o futuro da
poesía galega. Sorprende, tamén, a cultura poética dos premiados
dada a súa mocidade.
Pola súa banda na modalidade de
narración o xurado estimou positivamente a notábel calidade e
grande variedade tanto nas temáticas coma no estilo dos
relatos.
Igualmente, o xurado considera de xeito positivo a
representatividade das moi diversas liñas creativas entre as obras
narrativas presentadas a concurso, que abren un futuro esperanzador
para as nosas letras.
Agardamos que, como xa vén sendo
habitual, moitos destes autores sexan recoñecidos, nun futuro
próximo, no panorama literario galego, sumándose á ampla relación
de autores hoxe consagrados que comezaron a súa traxectoria
literaria nos Premios Minerva: Xesús Rábade, Darío X. Cabana,
Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Ánxeles Penas, Rei
Ballesteros, Olga Novo, Rafa Villar, Roque Cameselle, Lucía Aldao ou
Berta Dávila.
O Xurado, na modalidade de Poesía, estivo
composto por:
Presidente:
Luís Alonso Girgado Crítico
Literario e investigador do Centro Ramón Piñeiro para a
investigación en Humanidades.
Vocais:
Rosalía Morlán Poeta e membro
do Padroado da Fundación Xosé Neira Vilas.
Olga López López
Profesora de Lingua Galega e Literatura, tradutora e asesora técnica
na Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Ismael Ramos
Castelo Poeta.
Manuel Fonte López Profesor do
Colexio M. Peleteiro.
E na modalidade de Narración
por:
Presidente:
Manuel Quintáns Suárez
Escritor e Crítico Literario.
Vocais:
Armando Requeixo Cuba Crítico
Literario e Secretario Científico do Centro Ramón Piñeiro para a
investigación en Humanidades.
Anxos Sumai Narradora e
investigadora do Consello da Cultura Galega.
Rosa Marta Gómez
Pato Investigadora e profesora da Universidade de Santiago
Mila
Celeiro Arias Profesora do Colexio M. Peleteiro.
A
Secretaria do Certame foi Teresa González da Silva, Profesora
do Colexio M. Peleteiro.