El Colegio

Actualidad

Actualidad

03/03/2018

Fallo da XLVI Edición dos Premios Minerva

O pasado xoves, 1 de marzo reuniuse o xurado encargado de fallar os Premios Literarios Minerva na  súa XLVI edición, presidido por D. Manuel Quintáns Suárez e D. Luís Alonso Girgado nas modalidades de narración e poesía respectivamente. Entre un total de 221 traballos presentados, 147 na modalidade de narración e 74 na de poesía, resultaron finalistas 36 narracións e 22 triloxías poéticas. Desta obra o xurado acordou outorgar os seguintes premios:


MODALIDADE DE NARRACIÓN


1º Premio, de 600 euros e medalla de prata conmemorativa do Certame, a Alba Pérez Barcala, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES de Cacheiras, Teo, polo seu relato "Papel cosido".


2º Premio, de 400 euros e medalla de prata conmemorativa, a Juan Christian Rodríguez Fernández, de 17 anos, alumno de 2º de Bacharelato do Sagrado Corazón Franciscanas de A Coruña, pola súa obra "Martiria".


3º Premio, de 250 euros e medalla de prata conmemorativa, a Uxía León Fernández, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Arcebispo Xelmírez II, pola súa narración titulada "Itinerante".


1º Accésit a Iago Fraga Vilas, de 15 anos, alumno de 4º de ESO do IES Francisco Asorey de Cambados, polo seu traballo  "O último soño".


2º Accésit a Mireya Rodríguez Fernández, de 18 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Lauro Olmo de O Barco , polo seu traballo "Petrificada en ámbar".


3º Accésit a Helena Gómez Villanueva, de 17 anos, alumna de 1º de Bacharelato do Colexio M. Peleteiro de Santiago de Compostela, polo seu traballo "Carabela".



MODALIDADE DE POESÍA


1º Premio, de 600 euros e medalla de prata conmemorativa deste certame literario, a María Fernández Quiñones, alumna de 2º de Bacharelato Colexio Calasanz- PP. Escolapios, pola súa triloxía "Arder".


2º Premio, de 400 euros e medalla de prata conmemorativa, a Jorge Moral Vidal, de 17 anos, que cursa 2º de Bacharelato no IES Lauro Olmo de O Barco, polo seu poemario titulado "Antoloxía".


3º Premio, de 250 euros e medalla de prata, a Juan Carlos Rocamonde Quintela, de 16 anos, estudante de 2º de Bacharelato do Colexio M. Peleteiro, polo seu traballo "Vísceras de arco iris".


1º Accésit, a Carmen Charle Lestón, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Os Rosais II de Vigo, pola súa obra "Entre as túas costas e a miña parede".


2º Accésit, a Lois Pérez González, estudante de 4º de ESO do CPR Santa María (Maristas), de Tui, pola súa obra "Amores inmaturos".


3º Accésit, a Cristina Souto Pita, de 15 anos, estudante de 4º de ESO do IES Plurilingüe Castro da Uz de As Pontes de García Rodríguez, pola súa obra "Tenruras da terra".



Agardamos que, como xa vén sendo habitual, moitos destes autores sexan recoñecidos, nun futuro próximo, no panorama literario galego, sumándose á ampla relación de autores hoxe consagrados que comezaron a súa traxectoria literaria nos Premios Minerva: Xesús Rábade, Darío X. Cabana, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Ánxeles Penas, Rei Ballesteros, Olga Novo, Rafa Villar, Roque Cameselle, Lucía Aldao, Berta Dávila ou Ismael Ramos.


O acto literario de entrega de premios terá lugar o xoves 5 de abril, ás 17:00 h, no salón de actos do Colexio M. Peleteiro. Nel actuará como mantedora a escritora e académica da Real Academia Galega Dª Fina Casalderrey. Neste acto, os autores premiados lerán unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá integramente os traballos, tal como se vén facendo nos últimos anos, e que será editado polo Colexio M. Peleteiro.