El Colegio

Actualidad

Actualidad

17/04/2012

Fallo dos Premios Literarios Minerva 2012

O xoves día 12 de abril, reuniuse o xurado encargado de fallar os Premios Literarios Minerva  na súa XL edición, presidido por  D. Manuel Quintáns Suárez e D. Luís Alonso Girgado nas modalidades de narración e poesía respectivamente, segundo se fai constar na folla adxunta.

Entre un total de 155 traballos presentados, 112 na modalidade de narración e 43 na de poesía, resultaron finalistas 25 narracións e 19 triloxías poéticas. Desta obra o xurado acordou outorgar os seguintes premios:

Modalidad de narración:

1º Premio, de 750 euros e medalla de prata conmemorativa do Certame, a  Ismael Ramos Castelo, de 17 anos, alumno de 2º de Bacharelato do I.E.S. Virxe do Mar, de Noia, polo seu relato “Beirarrúa sueca”.
2º Premio, de 450 euros e medalla de prata conmemorativa, a María Elena López González, de 17 anos, alumna de 1º de Bacharelato do I.E.S. Xograr Alfonso Gómez de Sarria, pola súa obra “Oribio”.
3º Premio, de 300 euros e medalla de prata conmemorativa, a Laura Cordeiro Sobrino, de 16 anos, alumna de 1º de Bacharelato do I.E.S. do Castro de Vigo, pola súa narración titulada “Viaxes imaxinarias”.

O Xurado acordou outorgar os seguintes accésits:

1º Accésit a María Elena López González, de 17 anos, alumna de 1º de Bacharelato do I.E.S. Xograr Alfonso Gómez de Sarria, polo seu traballo “Os centauros de Whitman”.
2º Accésit a Elena Vázquez Sarandeses, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do I.E.S. Sánchez Cantón de Pontevedra, polo seu traballo “Aurora Borealis”.

Modalidad de poesía:

1º Premio, de 750 euros e medalla de prata  conmemorativa deste certame literario, a Ismael Ramos Castelo, de 17 anos, alumno de 2º de Bacharelato do I.E.S. Virxe do Mar de Noia, pola súa triloxía “Elexía para un rapaz louro”.
2º Premio, de 450 euros e medalla de prata conmemorativa, a Alba Souto Rodríguez, de 17 anos, que cursa 2º de Bacharelato do I.E.S. Virxe do Mar de Noia, polo seu poemario titulado “Lucy in the Sky with Diamonds”.
3º Premio, de 300 euros e medalla de prata, a María Luísa Iglesias Taboada, de 17 anos, estudante de 2º de Bacharelato no Colexio Santa María do Mar da Coruña, polo seu traballo “Paraugas ”.

O Xurado acordou outorgar os seguintes accésits:

1º Accésit, a José Antonio Parada Barcia, de 17 anos, alumno de 2º de Bacharelato do Colexio Obradoiro da Coruña, pola súa obra “Eterna monotonía”.
2º Accésit, a Marcela Porto Mato, de 15 anos, estudante de 3º de E.S.O. do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago, pola súa triloxía  presentada baixo o título de “No intre agre do café”.
3º Accésit, a Helena Salgueiro Golán, de 16 anos, alumna do I.E.S. Antón Fraguas de Santiago, polo seu traballo presentado co título de “Para isto serven os contos”

Como resultado do debate que deu lugar á elección dos premios e dos finalistas, o xurado de poesía tivo ocasión de comprobar que os poemas premiados son dunha extraordinaria calidade o que parece garantir o futuro da poesía galega. Sorprende, tamén, a cultura poética dos premiados dada a súa mocidade, que nesta edición é un dato destacábel. 

Pola súa banda na modalidade de narración o xurado estimou positivamente a notábel  calidade e grande variedade tanto nas temáticas coma no estilo dos relatos.

Igualmente, o xurado considera de xeito positivo a representatividade  das moi diversas  liñas creativas entre as obras narrativas presentadas a concurso, que abren un futuro esperanzador para as nosas letras.

Agardamos que, como xa vén sendo habitual, moitos destes autores sexan recoñecidos, nun  futuro próximo, no panorama literario galego, sumándose á ampla relación de autores hoxe consagrados que comezaron a súa traxectoria literaria nos Premios  Minerva: Xesús Rábade,  Darío X. Cabana, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Ánxeles Penas, Rei Ballesteros, Olga Novo, Rafa Villar, Roque Cameselle, Lucía Aldao ou Berta Dávila. 


O acto literario de entrega de premios terá lugar o vindeiro 26 de abril,  ás 17:10 h,  no salón de actos do Colexio M. Peleteiro. Nel actuará como mantedor o escritor  Arcadio López Casanova. Neste acto, os autores premiados lerán unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá integramente os traballos, tal como se vén facendo nos últimos anos, e que será editado polo Colexio M. Peleteiro.
 
Xurado da XL edición dos Premios Literarios Minerva

Modalidade de POESÍA:

Presidente: 
            Luís Alonso Girgado
            Secretario do Centro de Estudios “Ramón Piñeiro”,
            Profesor e Crítico Literario.

Vocais: 
            Manuela Palacios González
            Profesora da Facultade de Filoloxía da USC.

            Carlos Negro Romero
            Poeta e Profesor.

            Emilio Xosé Insua
            Poeta e Profesor.

            Manuel Fonte López
            Profesor do Colexio M. Peleteiro.

Modalidade de NARRACIÓN:

Presidente:
             Manuel Quintáns Suárez
             Escritor e Crítico Literario.

Vocais:  
            Armando Requeixo Cuba
            Profesor e Crítico Literario.

            Raquel Blanco Prol
            Coordinadora de Clubs de Lectura da Biblioteca Ánxel Casal 
            e Xornalista.

            Rosa Aneiros
            Escritora.

            Milagros Celeiro Arias
            Profesora do Colexio M. Peleteiro.

Secretaria do Certame:

           Teresa González da Silva
           Profesora do Colexio M. Peleteiro.

Acto literario de entrega de premio:
Xoves, 26 de abril de 2012
17:10 h.
Colexio M. Peleteiro