El Colegio

Actualidad

Actualidad

03/07/2018

Novo Ciclo Inicial de Grado Medio de Baloncesto, impartido no Colexio en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto

O Colexio Manuel Peleteiro, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, impartirán o vindeiro curso 2018-19 o CICLO INICIAL DE GRAO MEDIO DE BALONCESTO (titulación académica para entrenadores de baloncesto)

As ensinanzas deportivas configúranse dentro do sistema educativo coma Ensinanzas Deportivas de Réxime Especial (EDRE), co obxectivo de formar técnicos deportivos dunha determinada modalidade ou especialidade deportiva. Estas ensinanzas teñen carácter oficial e validez académica e profesional en todo o estado, producen os efectos establecidos na lexislación vixente e acreditan as competencias do perfil profesional e a formación que conteñen, substituíndo aos cursos de adestradores federativos que impartía a FEGABA.

É unha etapa educativa non obrigatoria que prepara ao alumnado para exercer un traballo nun determinado campo profesional, neste caso, o deportivo, ou para adaptarse ós cambios que se producen ó longo da súa vida laboral ou deportiva.

Está composta por ensinanzas de diferentes modalidades ou especialidades deportivas coma poden ser baloncesto, fútbol, balonmán ...

Estas titulación oficiais organízanse nun grao medio e nun grao superior. O grao medio está composto por dos ciclos(inicial e final), obténdose o título de Técnico Deportivo. O grado superior comprende un único ciclo e da dereito ao título de Técnico Deportivo Superior.

Ámbolos dous graos inclúen un bloque común, obrigatorio para todas as modalidades deportivas e un bloque específico dedicado ós aspectos técnicos, organizativos e metodolóxicos de cada unha delas. O programa complétase cun bloque de formación práctica en empresas, clubs u outras entidades públicas ou privadas. No caso de cursar o ciclo de grado superior, o alumnodeberá realizar, ademais, un proxecto final.

 

Para máis información:

http://www.fegaba.com/actualidade/adestradores/item/2800-cad-manuel-peleteiro-fgb-un-escenario-premium

O prazo de preinscripción remata o 6/7/2018.