El Colegio

Actualidad

Actualidad

26/11/2014

Convocatoria dos 43 Edición dos Premios Literarios Minerva

Nesta edición dos Premios Minerva poderán participar todos aqueles alumnos de 3º e 4º de ESO, e Bacharelato que curses os seus estudos en Galicia, e non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de decembro de 2015. 
Os traballos que deberán presentar serán orixinais e inéditos, escritos en lingua galega para as modalidades de Poesía, cun conxunto de tres poemas de forma e tema libres, or de Narración, cunha extensión máxima de seis folios mecanografados a dobre espazo e con tema libre.
Para participar na convocatoria deberán enviar 6 exemplares en papel e una copia en soporte informático, mecanografados coa fonte Arial, tamaño 12. Neles figurará o título e un pseudónimo ou lema, pero nunca o nome do autor. Nun sobre pechado introduciranse os datos persoais do autor (nome, idade, enderezo, teléfono particular, curso e Centro onde estuda) que, para acreditar a súa condición de alumno do Centro, virá asinado polo Seminario de Galego. No exterior do sobre figurará unicamente o pseudónimo ou lema e o título da obra. Traballos e plica deberán ser enviados conxuntamente antes do día 6 DE FEBREIRO a: “PREMIOS LITERARIOS MINERVA” Colexio M. Peleteiro. Monte Redondo-Castiñeiriño. 15702 Santiago de Compostela.
Concederanse tres premios para cada modalidade, de 750, 450 e 300 € respectivamente, medalla de prata conmemorativa do Certame e a publicación das obras galardoadas nun libro editado polo Colexio M. Peleteiro. Se na opinión do xurado a calidade das obras así o requirise poderán outorgarse accésits. Os premios poderán declararse desertos.
O xurado estará constituído por escritores e profesores de Lingua ou Literatura de distintos centros de ensino de Galicia e darase a coñecer con anticipación á emisión do fallo, que farase pública o vindeiro día 14 de marzo nos medios de comunicación e na web www.peleteiro.com. 
A entrega de premios terá lugar o día 25 de marzo nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Nel os agasallados deberán ler total ou parcialmente a súa obra. Esta quedará en propiedade do Colexio organizador.