Actualidad

Actualidad

Actualidad

05/12/2018

A campaña de Nadal recauda case 4.000 quilos a beneficio de Cáritas

A Asociación de Pais de Alumnos (APAP) do Colexio M. Peleteiro - Dolores Ramos levou a cabo a campaña de Nadal a beneficio de Cáritas co obxecto de acadar 2.000 quilos de alimentos, produtos de limpeza, hixiénicos ou de bebes, para aliviar as necesidades das persoas desfavorecidas.

Os alumnos do colexio e as súas familias reuniron na semana do 19 ao 23 de novembro 3.846 quilos, superando amplamente o reto inicial.

A APAP do Colexio amousou a súa ledicia polo compromiso amosado polos alumnos, que de xeito exemplar desenvolveron xenerosamente o traballo de selección, empaquetado, pesado e almacenamento da totalidade dos produtos. 

O pasado venres, día 30 de novembro, tivo lugar o acto de entrega a Cáritas dos paquetes. Ao que acudiron alumnos, profesores, representantes de Cáritas, a dirección do centro e tamén membros da APAP.

Dende a APAP destacaron a traxectoria exemplar das familias e alumnos en cada chamamento á solidariedade, así como o compromiso da comunidade educativa e da dirección do centro.