Actualidad

Actualidad

Actualidad

23/05/2019

A música galega loce co baile, a gaita e a pandeireta

Nestes días as distintas instalacións do Colexio están cheas de música, espectáculo e baile. Sen dúbida, o traballo de todo o ano nas actividades paraescolares vese proxectado nestes festivais. Ó longo deste mes de maio actuaron as rapazas de ximnasia rítmica e as máis pequenas de patinaxe e nesta semana tocoulle o turno as maiores e tamén aos rapaces de baile galego. A música popular e tradicional gañou protagonismo no día de onte co baile, a pandeireta e a gaita.

O Festival de baile e música tradicional arrancou ás 17.00 horas no salón de actos cos grupos desta actividade, a cargo dos profesores Xacobe Varela e Rebeca Tallón. O programa incluíu os seguintes temas:

- Vals de Arcos

- Rumboia

-Esparaván

-Muiñeira de Lugo

-Panaderas

-Xota e muilñeira de San Adrián de Cobres

-Xota de Abadín

-Sementeira

-Chote de Vilaxoán / Muiñeira Corrida

-Muiñeira de Chantada

Aínda queda outra cita esta semana: o Festival de Danza. Será o venres a partir das 17.05 no salón de actos.