Actualidad

Actualidad

Actualidad

07/03/2020

Alba Guzmán e Lara Hernández son as gañadoras dos Premios Literios Minerva

O xurado dos Premios Literarios Minerva, organizados polo Colexio M. Peleteiro, reuniuse o xoves 5 de marzo para ditar o fallo da edición número corenta e oito dos recoñecidos galardóns. O certame recolleu un total de 88 traballos. Os alumnos de 3º, 4º da ESO e Bacharelato de Galicita tiveron a oportunidade de presentar os seus textos ata o 17 de xaneiro, coa condición de que foran orixinais, inéditos e por suposto, en galego, xa que con este certame trátase de contribuír ao fomento do uso da lingua no ámbito educativo e a impulsar a literatura entre os mozos.

O xurado destacou a calidade das obras, o que semella garantir o futuro das nosas letras. Do mesmo xeito, quedou sorprendido da gran variedade, tanto nas temáticas coma no estilo, dos relatos. Considerou de xeito positivo a representatividade das diversas liñas creativas entre todas as obras presentadas.  "Agardamos que, como xa vén sendo habitual, moitos destes mozos sexan recoñecidos nun futuro próximo no panorama literario galego, sumándose á ampla relación de autores hoxe consagrados que comezaron a súa traxectoria nos Premios Minerva, como Xesús Rábade, Darío X. Cabana, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Berta Dávila, Olga Novo...", sinalou a secretaria do certame e profesora do colexio Peleteiro Teresa González da Silva.

A entrega de premios terá lugar o vindeiro 2 de abril nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. COmezará ás 17.00 horas e nel actuará como mantedor Ramón Villares, catedrático de Historia da USC e membro da Real Academia Galega. Ademais os autores premiados lerán unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá íntegramente os traballos, editados polo Colexio M. Peleteiro.

As obras premiadas

En concreto, presentáronse 49 na modalidade de narración, dos cales resultaron 21 finalistas, e houbo un total de 39 traballos na modalidade de poesía, con 17 finalistas. Desta obra, o xurado acordou outorgar os seguintes premios:

Modalidade de NARRACIÓN

1º PREMIO: Alba Guzmán Falcón, de 16 anos, alumna de 1º de Bacharelato do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense, polo seu relato Vodas de prata.Premio de 600 euros e medalla de prata conmemorativa do certame.

2º PREMIO: Iago Fraga Vilas, de 17 anos, alumno de 2º de Bacharelato do IES Ramón Cabanillas de Cambados, pola súa obra Meu home, eu quérote. Premio de 250 euros e medalla de prata conmemorativa.

3º PREMIO: Enma Combo García, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do Colexio La Salle de Santiago, pola súa narración titulada Berros metálicos. Premio de 250 euros e medalla de prata conmemorativa.

O xurado acordou tamén conceder os seguintes accésits:

1º ACCÉSIT: María Alejandra Barco Tojo, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES de Arzúa, polo seu traballo O ollar de Libia.

2º ACCÉSIT: María Crespo Cutrín, de 16 anos. Cursa 1º de Bacharelato do IES Lamas de Abade Santiago, pola súa obra Infinita.

3º ACCÉSIT: Alba Miranda Rial, de 16 anos, de 1º de Bacharelato do IES Nº1 de Ribeira, polo seu traballo Todo, para nada. 

Modalidade de POESÍA

1º PREMIO: Lara Hernández Iglesias, de 17 anos. Cursa 2º de Bacharelato no Colexio M. Peleteiro, polo seu traballo Chamada de vida, enfermidade vencida en corpo de peregrina. Premio de 600 euros e medalla de prata conmemorativa do certame.

2º PREMIO: Ana Fraile Somoza, de 17 anos, de 2º de Bacharelato do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense, polo seu traballo MinervaePremio de 400 euros e medalla de prata conmemorativa.

3º PREMIO: Nee Barros Fernández, de 17 anos. Cursa 2º de Bacharelato do IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra, polo seu poema Nocturno, Impromptu e Disonancia. Premio de 250 euros e medalla de prata conmemorativa.

O xurado acordou tamén conceder os seguintes accésits:

1º ACCÉSIT: Emilio Pulido Fraiz, de 17 anos de 2º Bacharelato do Colexio M. Peleteiro, pola súa obra Morte e vida no luar.

2º ACCÉSIT: Miguel García-Miguel Diz, de 17 anos, de 2º de Bacharelato do IES Rosais 2 de Vigo, polo seu traballo As tres faces da lúa.

Os membros do xurado

Modalidade de NARRACIÓN

Presidente: Manuel Quintáns Suárez

                    Escritor e crítico literario.

Vogais:        Armando Requeixo Cuba

                    Secretario científico no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades, profesor da                     USC, investigador e crítico literario.
                    

                    Carmen Ferreira Boo

                    Ensaísta, especialista na LIX e profesora da Universidade da Coruña.

                    

                    Concepción Armas Quintá

                    Profesora da Escola Oficial de Idiomas de Santiago e asesora na Secretaría Xeral de Política                     Lingüística. 

                    Gregorio Ramos Penido

                    Profesor de Lingua e Literatura do Colexio M. Peleteiro.


Modalidade de POESÍA

Presidente: Luís Alonso Girgado

                    Investigador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e crítico literario.

Vogais:        Lorena Souto

                    Poeta e ensaísta.
                    

                    Martiño Maseda Lozano

                    Escritor, dinamizador cultural e administrador de Culturalia GZ.

                    Xosé Luna Sanmartín

                    Poeta, narrador, ensaísta e profesor.

                    Lourdes Castro

                    Profesora de Lingua e Literatura do Colexio M. Peleteiro.