Actualidad

Actualidad

Actualidad

21/05/2019

As nosas letras soaron forte na voz dos alumnos do Colexio M. Peleteiro

O día das Letras Galegas adicouse este ano a Antón Fraguas, e facendo un repaso pola súa vida da man dos rapaces de pdf.TV comezou hoxe o acto da Asociación de País do Colexio M. Peleteiro. En realidade foron dúas xornadas nas que se entregaron os premios do XL Certame Literario da APAP, para alumnos de Primaria e Secundaria. No primeiro día tocoulle ós alumnos de 6º de Primaria, 1º e 2º da ESO e contaron co profesor Manuel Fonte como mantedor. Os premiados leron os seus traballos en poesía e en prosa e levaron un detalle en efectivo.

Hoxe os máis cativos do certame, rapaces de Primaria, protagonizaron o acto que arrancou coa actuación dos alumnos de Folclore Galego. No video protagonizado polos nenos de pdf.TV amosáronse pinceladas do autor Antón Fraguas: da súa vida, da súa obra e da importancia da súa persoa para as nosas letras. Acto seguido, os rapaces de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria subiron ó estrado para ler un fragmento da súa obra.

Sen dúbida, no colexio vivíronse momentos fermosos a prol da lingua galega, polo seu uso e a súa forza entre a mocidade e no ámbito educativo.