Actualidad

Actualidad

Actualidad

27/06/2012

Campus de Baloncesto 2012

Comeza o Campus de Baloncesto
Convidados de luxo

O luns día 25 arrincou a edición 2012 do Campus de Baloncesto. Agárdanos, como todos os anos, cinco días intensos de baloncesto e diversión e, tamén, os convidados de luxo que tampouco podían faltar este ano.
Estes son e os días que estarán en Montouto:

Luns 25: Tuky Bulfoni, quen aproveitará os seus últimos días de estancia en Santiago para despedirse da que foi a súa afección as últimas tres tempadas.
Martes 26: Fernando Romay. Un clásico en Montouto. Agardemos que totalmente recuperado da súa recente operación.
Mércores 27: Alberto Corbacho e Moncho Fernández. O xodador do Obradoiro estará en Montouto estreando convocatoria coa selección española B. Acompañarao o seu adestrador, quen impartirá interesantes leccións de basquet aos 180 participantes nesta edición.
Xoves 28. Durante toda a semana estará connosco como convidado-adestrador de excepción, Antonio Pantín, o xogador de COB Ourense, recén ascendido a Leb Ouro e saído da canteria de Peleteiro. Volve á súa casa.
Venres 29. O día da clausura, visítanos Carlos Jiménez. O internacional de Estudiantes e recén anunciada a súa retirada do basquet profesional estará presente na entrega de premios en El Corte Inglés.

Mais información en: www.admpeleteiro.com