Actualidad

Actualidad

Actualidad

31/05/2013

Campus de Baloncesto Peleteiro 2013

Hoxe queda aberto o prazo de inscrición para participar na XXI edición do Campus Baloncesto Peleteiro, que dende 1991, organiza a Agrupación Deportiva M. Peleteiro.

Do martes 25 de xuño(o lus 24 é festivo), ata o venres 29, tedes unha cita nas instalacións deportivas do Colexio M. Peleteiro. Agárdannos, coma sempre baixo a dirección de Pepe Casal, a coordinación da nosa responsable de Minibasquet Ana Martínez e co apoio de Manuel Vidal e Luís Rilo, catro días de intensa actividade baloncestística (pero tamén deportiva e lúdica) e unha apretada axenda de convidados especiais, como todas as edicións.

Servirá esta edición do Campus para pechar un ano aínda máis exitoso co anterior dentro da vida do club: 7 equipos premiados no Memorial Lorenzo de la Torre, un subcampión pronvincial, tres equipos clasificados para a Liga FGB e dous finalistas  (Minibasquet); un título de liga e un subcampionato (1ª división categorías de base), dous finalistas da Copa Galicia (cadete e júnior) e dous Campionatos de España de Clubs (infantil masculino e cadete feminino).

Toda a información necesaria aparece recollido no tríptico adxunto, se necesitan máis información ou descargar o boletín de inscrición en liña poden visitar a páxina web da ADM Peleteiro.