Actualidad

Actualidad

Actualidad

19/03/2021

Carmen González e Iria Pérez son as gañadoras dos Premios Literarios Minerva

O xurado dos Premios Literarios Minerva, organizados polo Colexio M. Peleteiro, reuniuse o xoves 18 de marzo para ditar o fallo da edición número corenta e nove dos recoñecidos galardóns.

No acto de constitución do xurado rendéuselle unha sinxela homenaxe ao recentemente falecido D. Manuel Quintáns Suárez, que fora membro permanente do xurado durante moitos anos, profesor do colexio Peleteiro, do insituto Eduardo Pondal e colaborador do centro Ramón Piñeiro. Os presentes tiveron palabras de afecto, agarimo e agradecemento sobre o seu labor e a súa figura. 

Os alumnos de 3º, 4º de ESO, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia tiveron a oportunidade de presentar os seus textos ata o 29 de xaneiro, coa condición de que foran orixinais, inéditos e por suposto, en galego, xa que con este certame trátase de contribuír ao fomento do uso da lingua no ámbito educativo e impulsar a literatura entre os mozos.

O xurado destacou a calidade das obras poéticas e dos relatos, o que semella garantir o futuro das nosas letras. "Agardamos que moitos destes mozos sexan recoñecidos nun futuro próximo no panorama literario galego, sumándose á ampla relación de autores hoxe consagrados que comezaron a súa traxectoria nos Premios Minerva, como Xesús Rábade, Darío X. Cabana, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Berta Dávila, Olga Novo...", sinalou a secretaria do certame e profesora do colexio Peleteiro Teresa González da Silva.

A entrega dos premios está prevista para o vindeiro 14 de abril nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Nel actuará como mantedor o escritor e historiador Ramón Villares Paz. Os autores premiados lerán unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá íntegramente os traballos, editado polo Colexio M. Peleteiro.

AS OBRAS PREMIADAS

En concreto, na modalidade de narración resultaron 28 traballos finalistas e na de poesía, 15. Desta obra, o xurado acordou outorgar os seguintes premios:

  • MODALIDADE DE NARRACIÓN

1º PREMIO: Carmen González Fernández, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Fraga do Eume de Pontedeume, polo seu relato Teatro de fume. Premio de 600 euros e medalla de prata conmemorativa do certame.

2º PREMIO: Noelia Fernández Romero, de 16 anos, alumna de 1º de Bacharelato do IES Félix Muriel de Rianxo, pola súa obra Quen vive no 4ºB?. Premio de 400 euros e medalla de prata conmemorativa.

3º PREMIO: Mariña Maceiras Segovia, de 16 anos, alumna de 4º de ESO do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, pola súa narración titulada Verde esperanza. Premio de 250 euros e medalla de prata conmemorativa.

1º ACCÉSIT: Candela Graña Valladares, de 14 anos, alumna de 3º de ESO do IES María Soliño de Cangas, polo seu traballo Lúa Chea.

2º ACCÉSIT: Alba Guzmán Falcón, de 17 anos. Cursa 2º de Bacharelato no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense, pola súa obra Azul.

3º ACCÉSIT: Katia Tojo Soto, de 17 anos, de 2º de Bacharelato do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago, polo seu traballo Harmonía tou kosmou.

  • MODALIDADE DE POESÍA

1º PREMIO: Iria Pérez Álvarez. Cursa 2º de Bacharelato no IES Plurilingüe de Ames, polo seu traballo Triloxía utópica cuarentenaica. Premio de 600 euros e medalla de prata conmemorativa.

2º PREMIO: Paula Tubío Calvo, de 17 anos, de 2º de Bacharelato do IES Félix Muriel de Rianxo, polo seu traballo Historias inéditas. Premio de 400 euros e medalla de prata conmemorativa.

3º PREMIO: Candela Martínez Ferro, de 16 anos. Cursa 1º de Bacharelato no IES Lamas de Abade de Santiago, polos seus poemas Pandemia/Morada cute/Xa non. Premio de 250 euros e medalla de prata conmemorativa.

1º ACCÉSIT: Alfredo Blanco, de 15 anos de 4º de ESO do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, pola súa obra Bicos e carreiras nas escaleiras do Teatro Real.

2º ACCÉSIT: Alba Comojo Díaz, de 19 anos, de 2º de Bacharelato do IES Félix Muriel de Rianxo, polo seu traballo Gaivota/Tic Tac/Obsesións.

3º ACCÉSIT: Irea Pérez Iglesias, de 17 anos, de 2º de FP do IES Primeiro de Marzo de Baiona, polo seu traballo Sinag.

OS MEMBROS DO XURADO

  • NARRACIÓN

Presidente: Armando Requeixo Cuba

    Secretario Científico no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades, profesor da USC, investigador e crítico literario.

Vogais:     Nazaret López Rodríguez

                 Narradora e xornalista.

                Fernando Redondo Neira

                Ensaísta, profesor na facultade de xornalismo da USC e presidente da Fundación Neira Vilas

                Juan Andrés Fernández Castro

                Narrador, historiador, director da revista de estudos da Estrada "Miscelánea histórica e  cultural" e director do Museo do pobo estradense "Manuel Reimóndez Portela"

                Patricia Veiga Rodríguez

                Profesora de Lingua e Literatura do Colexio M. Peleteiro.

  • POESÍA       

Presidente: Luís Alonso Girgado

                Investigador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e crítico  literario.

Vogais:     Charo Golmar Saavedra

                 Poeta e profesora.     

                  Belén Bouzas

                  Investigadora literaria e redactora de Cultura en “Nós Diario”.

                   Lois Alcayde Dans

                   Poeta, narrador e xornalista.

                   Manuel Fonte López

                   Profesor de Lingua e Literatura do Colexio M. Peleteiro.