Actualidad

Actualidad

Actualidad

24/01/2013

Convocada a 41 edición dos Premios Literarios Minerva

 No ano 1963 este Colexio estableceu os Xogos Florais Minerva, certame literario que procuraba a defensa da cultura e a lingua galega nun momento histótico no que non era fácil facelo. Así prantouse a primeira semente do que son hoxe estes Premios Literarios de recoñecido prestixio, sen lugar a dúbida concedido tanto polos mantedores de recoñecido prestixio que tiveron a ben apadriñalos, como polos mesmos premiados que pasaron por este certame e posteriormente vivirían da súa pluma, como Xosé Ramón Fandiño, Fernando Ónega, Darío Xoan Cabana, Xosé Antonio Neira Cruz, Olga Novo e un longo etcétera.

 Os Minerva están abertos para tódolos alumnos de 3º, 4º de ESO e Bacharelato que cursen ditos estudos en centros Galegos, e non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de decembro de 2013. Tanto para modalidade de Poesía como de Narrativa deben presentarse traballos orixinais e inéditos co formato que se especifica nas bases que poden comprobar no enlace ó final da noticia.

 O prazo de presentación rematará o día 8 de marzo e o fallo farase público nos medios de comunicación galegos e nesta mesma páxina web, www.peleteiro.com, o 20 de abril.