Actualidad

Actualidad

Actualidad

21/12/2020

Éxito da campaña de Nadal coa doazón de preto de 15.000 € ó Banco de Alimentos

A Asociación de Pais de Alumnos (APAP) do Colexio M. Peleteiro – Dolores Ramos levou a cabo un ano máis a campaña de Nadal, neste caso en beneficio do Banco de Alimentos de Santiago. O obxectivo era acadar 10.000 euros, destinados a aliviar as necesidades das persoas desfavorecidas.

Finalmente, superouse o reto inicial. Na semana do 9 ao 17 de decembro os alumnos do colexio e as súas familias reuniron 14.943 euros.

A APAP do Colexio Manuel Peleteiro – Dolores Ramos destaca emocionada o compromiso dos alumnos, que colaboraron en todo momento de xeito exemplar co desenvolvemento da campaña. Na mañá de hoxe, luns 21 de decembro, foron entregados ó Banco de Alimentos de Santiago nun acto no Colexio Manuel Peleteiro ao que acudiu o director da entidade, José Pita, alumnos, profesores, a dirección do centro e representantes da APAP.

Dende a APAP destácase a traxectoria exemplar das familias e dos alumnos do Colexio M. Peleteiro en cada chamamento á solidariedade que se ven facendo ano tras ano, así como o compromiso da comunidade educativa e da dirección do centro.