Actualidad

Actualidad

Actualidad

04/04/2019

Festival a prol dos refuxiados da Asociación Sophia no Colexio M. Peleteiro

"Os testemuños que escoitamos no ciclo Inmigración y Refugio conmovéronnos, fixéronnos reflexionar sobre a problemática do conflicto sirio e non queríamos quedarnos quedos. Pensamos que podíamos aportar o noso gran de area levando a cabo unha iniciativa solidaria", indican Diego Beltrán e Alba García, organizadores do festival Stellae Compostela a través da Asociación de alumnos Sophia.

O concerto benéfico a prol da Axencia da ONU para os Refuxiados (Acnur) terá lugar o venres día 12 de abril a partir das 17.15 horas no pavillón polideportivo do colexio. O popular presentador da TVG Roberto Vilar será o encargado de conducir o evento, que acollerá durante aproximadamente tres horas a actuación de dez artistas e grupos musicais de distintos estilos (pop, blues, country ou folk): Jorge Casal, Maestro, Leo Burke, Álvaro Iglesias, Dani Barreiro & Friends, Roi Casal, Luga, Catro Ghatos e Purplefly. 

Entradas á venda na conserxería de Secundaria 

As entradas teñen un prezo de 10 euros e xa se poden adquirir na conserxería de Secundaria do Colexio M. Peleteiro ou a través da plataforma dixital Eventbrite, neste enlace: Entradas Festival Stellae Compostela

O concerto é aberto ao público e todo o diñeiro recadado será doado integramente a Acnur, a prol dos refuxiados. Durante as actuacións tamén se ofrecerán aos asistentes rifas cos mesmos fins benéficos. O festival conta co apoio do Concello de Santiago e está patrocinado por Gadis.

Máis información no perfil de Instagram @scfestivalbenefico.