Actualidad

Actualidad

Actualidad

11/03/2014

Novos valores galegos

  O pasado 6 de marzo os alumnos de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato puideron gozar  dun concerto dos cantantes de pop galegos Hugo e Yhadira. Interpretaron, acompañados polas súas guitarras, dez temas do seu repertorio, tanto cancións propias coma versións de outros artistas. Ademais da representación tiveron tempo de responder algunhas preguntas formuladas polos propios alumnos.

 A pesares do bo rato que estaban a pasar tanto os cantantes coma o auditorio, a actuación debía ir acabando. Para poñer final á tarde o dúo convidou a subir ao escenario a un grupo dunha ducia de alumnos, para que bailasen e cantasen con eles o xa coñecido Que Más Da, co que gañaron ao público definitivamente. Antes de que marchasen unha alumna obsequiounos cun ramo de flores que aceptaron moi sorprendidos.

 Moitas grazas pola vosa visita.

Julia Lado Villar
4º de ESO