Actualidad

Actualidad

Actualidad

17/09/2019

O Colexio M. Peleteiro inaugura o curso escolar cun concerto de Rosa Cedrón

O Colexio M. Peleteiro inaugurou esta tarde o curso escolar 2019-2020 cun concerto acústico a cargo da artista galega Rosa Cedrón. Estivo acompañada no escenario por Miguel Arthus ao piano, quen tamén fixo os coros.

A actuación, baixo o título Somos nómadas, contou coa asistencia de máis de 400 alumnos de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato. Xunto aos seus profesores desfrutaron no salón de actos dun percorrido pola traxectoria musical de Rosa Cedrón, incluíndo temas gravados cando era integrante do coñecido grupo de folk Luar na Lubre como Chove en Santiago. 

Cun estilo moi característico e expresivo, Rosa Cedrón deleitou ó público durante preto dunha hora co seguinte repertorio: Chove en Santiago, Alalá, Unha e outra vez, Sablier, Perseida, Benditas feridas, Romeiro ao lonxe, Negro Caravel, Negra Sombra e Pomba dourada. Este último tema o cantou acompañada polas voces de todos os alumnos presentes nos alón de actos e, por último, a artista pechou o concerto con Camariñas.

A responsble do departamento de Música Ana María López presentou o concerto destacando a traxectoria profesional de Rosa Cedrón como "unha das voces máis prestixiosas e internacionais que temos en Galicia". Adiantou tamén futuros proxectos da artista como a colaboración no próximo espectáculo da compañía Nova Galega de Danza, un traballo de guitarra e voz con Emilio Rúa e a preparación dun novo disco.

Datos biográficos de Rosa Cedrón

Rosa Cedrón comeza a súa carreira musical como violonchelista. En 1997 entra a formar parte do grupo de folk galego Luar na Lubre, onde pasou preto de nove anos. A súa voz gravou innumerables cancións no corazón dos galegos. Converteuse no buque insignia dunha nova xeración de músicos que imprimiron modernidade na tradición.

A artista usou a versatilidade como arma natural para proxectarse internacionalmente. A súa participación en ambiciosos proxectos levárona a infiltrarse maxistralmente en estilos dispares como o bolero ou o jazz. Mike Oldfield a fixo partícipe dun dos seus temas. Coa súa frescura, estilo propio e talento converteuse en icona da imaxe feminina da música galega.

Con Entre dous mares iniciou a súa traxectoria en solitario en 2007, que a levou a xirar por todo o mundo eloxiada por crítica e público grazas a súa expresividade, versatilidade e riqueza de matices vogais.

A música, como linguaxe universal expresado en diferentes idiomas, reflicten o legado enriquecedor do seu paso polo mundo: galego, inglés, español e francés teñen cabida no segundo e último - polo momento- álbum en solitario Nada que perder (2016).

Actuacións de Rosa Cedrón:

Benditas feridas

Perseida