Actualidad

Actualidad

Actualidad

31/05/2013

O equipo cadete feminino do colexio, entre os 16 mellores de España

Afrontar un cruce a un só partido tendo sido o último equipo en xogar, sen apenas descanso despois de rematar onte ás 21.30, era unha tarefa ben complicada. Así pois, afrontamos o cuarto partido consecutivo en catro días, con falta de descanso, pero con toda a ilusión do mundo. Xa no primeiro cuarto quedounos claro que o rival era duro, fisicamente moi forte, todas de segundo ano e xogando só con sete. Non había lugar para o lucimento individual.

Aínda así, despois dun mal comezo, logramos igualar o marcador ao descanso (28-29) e manter a ilusión para a volta do vestiario. Non obstante, a realidade volveu ser a mesma do primeiro cuarto: un rival moi físico e Blanca cargada de faltas.

Ao final, vitoria clara das de León, sobre todo no último cuarto ao dar entrada a todas as xogadoras e tampouco hoxe melloramos gran cousa nos tiros libres: 12 de 21, a nosa cruz este campionato (e toda a tempada, porque non dicilo).

Noraboa as nosas xogadoras!

Noticia completa pinchando neste enlace á páxina da ADM Peleteiro