Actualidad

Actualidad

Actualidad

02/03/2020

Pedro Budiño, Premio Extraordinario nas Ensinanzas Artísticas Profesionais

A Consellería de Educación fixo pública hoxe, a través do DOG, a resolución dos Premios Extraordinarios nas Ensinanzas Artísticas Profesionais, correspondentes ao curso 2018-2019. Por primeira vez un alumno do Colexio Manuel Peleteiro e do Centro de Estudios Musicais do colexio recibe a citada distinción, na modalidade de Música.Trátase de Pedro Budiño Pinaque de 2º de Bacharelato, e que ten a Orestes Reyes como profesor de violín.

 A Xunta de Galicia recoñece así publicamente "os méritos académicos e artísticos excepcionais baseados no esforzo e no traballo de seis alumnas e alumnos que remataron os seus estudos no curso 2018/2019 cun excelente resultado académico, nas modalidades de Música, de Danza e de Artes plásticas e Deseño".

Seis premiados en toda Galicia

Os aspirantes tiñan que contar cunha nota media igual ou superior a 8,75 nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais. Finalmente na modalidade de Música resultaron premiados, ademais de Pedro Budiño, tres alumnos dos conservatorios profesionais de Música da Coruña e de Vigo. Na modalidade de Artes Plásticas e Deseño distinguiron a dúas alumnas das escolas Pablo Picasso (A Coruña) e Mestre Mateo (Santiago) e na modalidade de Danza o premio foi para unha estudante do Conservatorio profesional de Lugo.

A maiores da dotación económica, de 850 euros por premio, os galardoados recibirán un diploma acreditativo e anotarase esta distinción tanto nos seus expedientes como nas certificacións académicas que se lles emitan.