Actualidad

Actualidad

Actualidad

12/03/2022

Rosalía Bernárdez Riopedre e Carla Crespo Berdullas son as gañadoras dos Premios Literarios Minerva na súa 50 edición

O xurado dos Premios Literarios Minerva, organizados polo Colexio M. Peleteiro, reuniuse o 10 de marzo para ditar o fallo desta 50 edición.

O certame recolleu un total de 128 obras. Alumnos de 3º, 4º de ESO, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia tiveron a oportunidade de presentar os seus textos ata o 21 de xaneiro, coa condición de ser orixinais, inéditos e por suposto, en galego, xa que con este certame trátase de contribuir ao fomento do uso la lingua no ámbito educativo.

O xurado destacou a calidade das obras poéticas e dos relatos, o que semella garantir o futuro das nosas letras. “Agardamos que moitos destes mozos sexan recoñecidos nun futuro próximo no panorama literario galego, sumándose á ampla relación de autores hoxe consagrados que comezaron a súa traxectoria nos Premios Minerva, como Xesús Rábade, Darío X. Cabana, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Berta Dávila, Olga Novo…”, sinalou a secretaria do certame e profesora do colexio Peleteiro Teresa González da Silva.    

A entrega de premios está prevista para o vindeiro 7 de abril nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Nel actuará como mantedora Margarita Ledo Andión, escritora, xornalista, profesora da USC, cineasta e secretaria da Real Academia Galega. Os autores premiados lerán unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá integramente os traballos, editado polo Colexio M. Peleteiro.


AS OBRAS PREMIADAS
En concreto, na modalidade de narración resultaron 22 traballos finalistas e na de poesía, 29. Desta obra, o xurado acordou outorgar os seguintes premios:
                
Modalidade de NARRACIÓN

1º PREMIO: Rosalía Bernárdez Riopedre, de 15 anos, alumna de 4º de ESO do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, polo seu relato Esvaecen as palabras dos recunchos da memoria. Premio de 750 euros e medalla de prata conmemorativa do certame.

2º PREMIO: Jesús Manuel Rey Gómez, de 16 anos, alumno de 1º de Bacharelato do IES Monte Neme de Carballo, pola súa obra O Cid non ten tempo que perder. Premio de 400 euros e medalla de prata conmemorativa.

3º PREMIO: Isabel Liñares Vila, de 14 anos, alumna de 3º de ESO do Colexio Plurilingüe PP Franciscanos de Lugo, pola súa narración titulada Efémera. Premio de 250 euros e medalla de prata conmemorativa.

1º ACCÉSIT: Alfredo Blanco (Alfredo José Fernández Marques), de 16 anos, alumno de 1º de Bacharelato do IES A Xunqueira I de Pontevedra, pola obra Instantánea de verán.

2º ACCÉSIT: Mariña Maceiras Segovia, de 16 anos. Cursa 1º de Bacharelato no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, pola súa obra Olores de existencia.

3º ACCÉSIT: Paula Rodríguez Pais, de 18 anos, de 2º de Bacharelato do IES Xulián Magariños de Negreira,  polo seu traballo Aceptar e calar.

Modalidade de POESÍA

1º PREMIO: Carla Crespo Berdullas, de 16 anos. Cursa 1º de Bacharelato no IES de Ames, polo seu traballo Desmentindo a tormenta. Premio de 750 euros e medalla de prata conmemorativa.

2º PREMIO: Andrés Collantes Barros, de 16 anos, de 1º de Bacharelato do Colexio La Salle de Santiago, polo seu traballo Astronomía da linguaxe. Premio de 400 euros e medalla de prata conmemorativa.

3º PREMIO: Anxo Vázquez Novo, de 17 anos. Cursa 2º de Bacharelato no CPR Salesiano San Juan Bosco da Coruña, polo seu poema Pertencer ao lugar.  Premio de 250 euros e medalla de prata conmemorativa.

1º ACCÉSIT: Ana Martínez García, de 18 anos de 2º de Bacharelato do IES de Cacheiras (Teo), pola súa obra Nin branco nin negro.

2º ACCÉSIT: Carmen Rosales Cabrera, de 4º de ESO do CPR Plurilingüe SEI San Narciso de Marín, polo seu traballo O verbo confinado.

3º ACCÉSIT: Claudia Caamaño Rama, de 15 anos, de 4º de ESO do Colexio Calasanz PP Escolapios da Coruña,  polo seu traballo Sangue da miña alma.


OS MEMBROS DO XURADO

Modalidade de NARRACIÓN

Presidente: Armando Requeixo Cuba
Secretario Científico no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades, profesor da USC, investigador e crítico literario.

Vogais:

Tamara Andrés
Poeta, tradutora e ensaísta.

Ignacio Vidal Portabales
Narrador e profesor da USC.

Carlos Loureiro
Profesor e ensaísta.

Mila Celeiro Arias
Profesora de Lingua e Literatura do Colexio M. Peleteiro.

Modalidade de POESÍA

Presidente: Luís Alonso Girgado
Investigador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e crítico literario.

Vogais:

Laura Caamaño
Investigadora e crítica literaria.

Nacho Alonso
Mantedor do blog “Fervenzas literarias” e coordinador da Feira Virtual do Libro Galego.

Amancio Liñares Giraut
Profesor, escritor e investigador.

Francisco Mateo Álvarez
Profesor de Lingua e Literatura do Colexio M. Peleteiro.