Rosalía Bernárdez Riopedre e Pablo González Faginas son os gañadores dos Premios Literarios Minerva
O xurado dos Premios Literarios Minerva, organizados polo Colexio M. Peleteiro, reuniuse onte, xoves 29 de febreiro, para ditar o fallo da edición número 52 dos recoñecidos galardóns (membros do xurado ao final deste documento).
Os alumnos de 3º, 4º de ESO, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia tiveron a oportunidade de presentar os seus textos ata o 17 de xaneiro, coa condición de que foran orixinais, inéditos e por suposto, en galego, xa que con este certame trátase de contribuír ao fomento do uso da lingua no ámbito educativo e a impulsar a literatura entre os mozos.
O xurado destacou a calidade das obras poéticas e
dos relatos premiados, que semella garantir o futuro das nosas letras. “O nivel
dos traballos premiados é unha boa mostra da puxanza e da forza deste talento
novo que, coma sempre, agardamos que se sume á ampla relación de autores e
autoras xa recoñecidos que comezaron a
súa traxectoria nos Premios Minerva, como Xesús Rábade, Darío X. Cabana, Suso
de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Berta Dávila, Olga Novo, Ismael Ramos ou
Alba Guzmán, entre tantos autores e autoras xa imprescindibles das nosas
letras”, sinalou o secretario do certame e profesor do Colexio M. Peleteiro Mon
G. Buhigas.
A entrega de premios está prevista para o vindeiro 11 de abril nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Os autores premiados lerán unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá integramente os traballos, editado polo Colexio M. Peleteiro.
AS OBRAS PREMIADAS
En concreto, na modalidade de narración resultaron
18 traballos finalistas e na de poesía, 19. Desta obra, o xurado acordou
outorgar os seguintes premios:
Modalidade de NARRACIÓN
Ø 1º PREMIO: Pablo González Faginas, de 16 anos, alumno de 1º de Bacharelato do Colexio Obradoiro de A Coruña, polo seu relato O Veloso. Premio de 800 euros e medalla conmemorativa do certame.
Ø 2º PREMIO: Almudena Souto Pereiro, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, pola súa obra Setenta e dúas pesetas. Premio de 400 euros e medalla conmemorativa.
Ø 3º PREMIO: Rosalía Bernárdez Riopedre, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, pola súa narración titulada Verba Volant. Premio de 250 euros e medalla conmemorativa.
v 1º ACCÉSIT: Celia López Quintela, de 15 anos, alumna de 4º de ESO do IES de Quiroga, polo seu traballo Escoitando .
v 2º ACCÉSIT: Abril Viqueira Pose, de 17 anos. Cursa 2º de Bacharelato no IES de Ordes, pola súa obra Silencio.
Modalidade de POESÍA
Ø 1º PREMIO: Rosalía Bernárdez Riopedre. Cursa 2º de Bacharelato no IES Leiras Pulpeiro de Lugo, polo seu traballo Distraccións. Premio de 800 euros e medalla conmemorativa.
Ø 2º PREMIO: Iris Abril Teijeira, de 17 anos, de 2º de Bacharelato do IES Salvaterra de Miño, polo seu traballo Litoral catártico (Versos noctámbulos á deriva). Premio de 400 euros e medalla conmemorativa.
Ø 3º PREMIO: Claudia Caamaño Rama, de 17 anos. Cursa 2º de Bacharelato no Colexio Calasanz PP Escolapios de A Coruña, polo seu poema A miña avoa. Premio de 250 euros e medalla conmemorativa.
v 1º ACCÉSIT: María Maronho, de 15 anos de 4º de ESO do CPI Fonte Díaz de Touro, pola súa obra Na mente da muller.
v 2º ACCÉSIT: Pablo Loira Hermida, de 17 anos, de 1º de Bacharelato do IES Johan Carballeira de Bueu, polo seu traballo Tolemias do noso señor.
v 3º ACCÉSIT: Amalia Blanco Pose, de 17 anos, de 2º de Bacharelato do IES Terra do Xallas de Santa Comba, polo seu traballo Morriña de min.
OS MEMBROS DO XURADO
Modalidade de NARRACIÓN
Presidente: Armando Requeixo Cuba
Secretario Científico no Centro Ramón Piñeiro para
a investigación en Humanidades, profesor da USC, investigador e crítico literario.
Vogais: Antón
Riveiro Coello
Escritor.
Xacobe Pato
Escritor.
Berta
Dávila
Escritora.
Mila
Celeiro
Profesora de Lingua e Literatura do Colexio M.
Peleteiro.
Modalidade de POESÍA
Presidente: Luís Alonso Girgado
Investigador do Centro Ramón Piñeiro para a
Investigación en Humanidades e crítico literario.
Vogais: Pilar
García Rego
Escritora e xornalista.
Oriana
Méndez
Poeta e profesora.
Federico
Pedreira Nores
Poeta e profesor.
Beatriz
Miguéns
Profesora de Lingua e Literatura do Colexio M.
Peleteiro.