Actualidad

Actualidad

Actualidad

02/05/2019

Unha viaxe polo Pórtico da Gloria a través da música

Mergullarse nos sons da historia leva a facer un traxecto fermoso pola cultura, cheo de coñecementos e da música doutros tempos. Isto é o que están a facer os alumnos de Música de Educación Primaria, que logo dun extenso traballo de investigación xa teñen expostos os seus traballos, divididos en dous proxectos. Un deles está centrado nos instrumentos medievais do Pórtico da Gloria e a súa evolución, e o segundo fala doutros instrumentos incluidos nos edificios de Santiago de Compostela. ¡Que bonita forma de aprender! 

Que aprenden os nenos? A coñecer e valorar o noso patrimonio, a trabllar en equipo, a elaborar as presentacións, a buscar imaxes e enlaces de vídeo e audio, a sintetizar contidos... a comparar instrumentos musicais e mesmo a localizar instrumentos antigos e contemporáneos, locais e doutras culturas; sen esquecer o uso das novas tecnoloxías.

A arpa medieval, a sinfónica ou a zanfona son algúns dos instrumentos analizados. ¿Queredes coñecelos? Soamente tedes que pasar polo edificio de Primaria e cun lecto de códigos QR poderedes desfrutar da exposición completa. 

O segundo proxecto incluíu o uso dos IPAD, nos que buscaron instrumentos musicais en uso, representacións en pedra e madeira na Catedral, no Pazo de Xelmírez, no Museo das Peregrinacións e na Igrexa e museo de San Martiño Pinario. Deste xeito, os rapaces aprenderon a facer unha presentación de Google con documentos, imaxes e audios. 

¡Moi interesante!