Actualidad

Actualidad

Actualidad

19/12/2013

Visita á Residencia para Maiores Volta do Castro

A pasada semana os alumnos de Folclore galego, Pandeireta e Gaita visitaron a Residencia de maiores Volta do Castro, acompañados dos mestres das súas respectivas actividades.

Ante o público formado polos residentes do fogar, os rapaces interpretaron varias cancións tradicionais e navideñas, con baile e música de gaita. Durante a actuación, que incluíu varios pasodobres, algúns dos asistentes  animáronse a bailar, participando activamente da festa.

Ao rematar a panxoliña, os nenos recibiron un precioso agasallo feito polos maiores do fogar e puideron repoñer enerxías cunha abondosa merenda e chocolate quente.

Todos os anos o Colexio realiza durante estas datas navideñas actividades que permiten aos rapaces celebrar o espírito da solidariedade e levar ilusión aos seus maiores, á vez que se fomenta a súa interacción social.