42 Premios Minerva
Coa chegada do novo ano volve un dos Premios Literarios máis prestixiosos para creadores novos no panorama cultural galego, os Premios Minerva. Coma sempre os alumnos convidados a participar son aqueles que estean a realizar os seus estudos de 3º, 4º de ESO e Bacharelato en calquera centro galego; e non teñan cumpridos os 20 anos en decembro de 2014. Poderán presentar os seus traballos en galego nas modalidades de:
-Poesía, cun conxunto de tres poemas de temática e forma libre.
-Narración, de tema libre, cunha peza cunha extensión máxima de seis folios mecanografada a dobre espazo.
Tódolos traballos deben ser orixinais e enviaranse segundo as bases que poden atopar ao final deste mesmo artigo. O prazo de entrega rematará o vindeiro 14 de marzo de 2014 e o fallo do xurado farase público dende esta web o 25 de abril. Como é tradición este xurado estará composto por escritores e profesores de lingua galega de distintos centros, e comunicacremos a súa composición con anterioridade á emisión do seu veredicto.
Os tres premios de cada modalide están dotados de 600, 400 e 250 € respectivamente. Aos galardoados faraselles tamén entrega dunha medalla de prata conmemorativa e as súas obras serán publicadas polo Colexio.
Esperámoste!