El Colegio

Actualidad

Actualidad

05/12/2016

Marina Canzobre, na selección de baloncesto U16

Estes días deuse a coñecer oficialmente a convocatoria da selección española U16 feminina. Entre as 12 xogadoras só hai unha galega e esa é Marina Canzobre, do noso equipo cadete feminino.
Marina incorporouse esta tempada ao noso club procedente de Maristas Coruña. Desde a súa chegada, en agosto, amosou unha capacidade de integración e traballo exquisitos sendo peza clave no ascenso na fase previa do noso equipo a 1ª división. Compaxina agora o seu equipo e o júnior, ambos cunha traxectoria destacada nas súas respectivas competicións.
Tal  progresión non pasou desapercibida para os técnicos da Federación Española de Baloncesto, e iso motiva a súa convocatoria para unha concentración que comeza hoxe, día 5 de decembro, e rematará o próximo 10 de decembro. A concentración incluirá a participación por parte da selección nun torneo internacional en Zamora do 8 ao 10 de decembro e supón o punto de partida para a configuración da selección U16F que participará no euopeo de Francia do 2017.

Marina toma o relevo da nosa internacional Blanca Millán, agora en Maine (USA) e agardamos que esta oportunidade que se lle presenta sirva para medrar como xogadora e aproveite a ocasión que ten por diante e Marina sexa a segunda xogadora internacional dentro do noso de ADM Peleteiro. Parabéns Marina, e a adestrar duro!