Vamos 236

[ 12 ] VAMOS CONVOCATORIA DOS PREMIOS LITERARIOS MINERVA O Colexio M. Peleteiro fixo públicas no mes de outubro, a través da súa páxina web (http:// www.peleteiro.com) , as bases polas que se rexen os Premios Literarios Minerva nunha edición moi especial, o seu 50 aniversario. Trátase duns galardóns moi recoñecidos, dos máis lonxevos de Galicia dentro da litera- tura xuvenil, que comezaron a súa andaina no ano 1963 da man do profesor Abuín de Tem- bra; apadriñados por Álvaro Cunqueiro. Car- ballo Calero, Carlos Casares, Víctor Freixanes e Neira Vilas foron outros prestixiosos autores que validaron a calidade das obras presenta- das. É unha honra para o colexio ver que co paso do tempo algúns dos premiados (Darío X. Cabana, Xesús Rábade, Fernando Ónega...) contribúen ao prestixio do certame. Camiñando na mesma liña, o colexio con- tinúa organizando este certame escolar para contribuír ao fomento do uso do galego no 50 ANIVERSARIO DOS PREMIOS LITERARIOS MINERVA ámbito educativo e impulsar a literatura na nosa lingua entre a mocidade. Nestes pre- mios poderán participar alumnos de 3º e 4º de ESO e Bacharelato ou FP que cursen os seus estudos en Galicia e non teñan cumpri- dos os 20 anos o 31 de decembro de 2021. O alumnado interesado terá de prazo ata o 21 de xaneiro de 2022 para presentar os tra- ballos que deben ser orixinais, inéditos e por suposto en galego. Poden participar en dúas modalidades: poesía ou narración. O acto literario será o xoves 7 de abril Os premios son tres en cada modalidade e inclúen 750, 400 e 250 € respectivamente, medalla de prata conmemorativa e a publica- ción das obras galardoadas nun libro editado polo colexio Peleteiro. O xurado, formado por escritores e profesores de Lingua ou Literatu- ra de distintos centros de ensino de Galicia, poderá outorgar accésits ou mesmo declarar os premios desertos, se o considera oportuno. O fallo darase a coñecer o 12 de marzo nos medios de comunicación e na páxina web do colexio e a entrega dos galardóns levarase a cabo o xoves 7 de abril. noticias

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==