Vamos 238

[ 12 ] VAMOS O Colexio Manuel Peleteiro acolleu o 7 de abril o acto de entrega da cincuenta edición dos Premios Literarios Miner- va. No acto, no que se premiaron os traballos dunha ducia de estudantes, 6 na categoría de narrativa e 6 na de poesía, estiveron presentes o concelleiro de educación, mocidade e políticas lingüísticas de Santiago de Compostela, Ruben Prol; membros da directiva do colexio e da organización do certa- me, os membros do xurado e os premiados, acompañados de familiares e unha representación dos seus centros escolares. Como xa ven sendo habitual nas últimas edicións, o acto estivo presentado por unha alumna 2º de Bacharelato do Co- lexio M. Peleteiro. Neste cincuenta aniversario do certame, in- terveu como mantedora a escritora, xornalista, profesora da USC, cineasta e secretaria da Real Academia Galega Margarita Ledo Andión. Na súa intervención, Margarita Ledo gabou a calidade lite- raria das obras premiadas e o talento dos mozos escritores premiados, sinalando a relevancia da historia dos premios Mi- nerva neste 50 aniversario, que tiveron a súa orixe en 1963, cando un grupo de estudantes de o por aquel entón colexio Minerva, “propuxeron crear un certame literario no que parti- ciparan mozos e mozas de Galiza enteira” e fixo un repaso por autores que foron galardoados neste certame como Darío Xo- hán Cabana, Fernando Ónega ou Xosé Antonio Neira Cruz. Finalmente, agradeceu a todos os galardoados que “se atrevesen a facer pública a súa escrita, a saír ao mundo con fragmentos da súa experiencia íntima que comparten nestas obras”. 50 ANIVERSARIO DOS PREMIOS LITERARIOS MINERVA Durante o acto, os estudantes premiados puideron compartir co público asistente un fragmento das súas obras, que pasarán a formar parte de forma íntegra, dun libro editado polo Colexio M. Peleteiro. Ademais do premio en metálico, os galardoados re- cibiron unha medalla de prata e un diploma conme- morativos. O acto rematou coa intervención do concelleiro de educación, mocidade e políticas lingüísticas de San- tiago de Compostela, Ruben Prol, quen ademais de felicitar aos galardoados, destacou o esforzo e traba- llo de todos aqueles que ao longo destas 50 edicións organizaron os Premios Literarios Minerva, facendo tamén referencia á complexidade do contexto históri- co no que os premios naceron. Tamén sinalou que “se de algo podemos estar orgullosos é de poder seguir traendo xeracións de xente moza capaz de crear, e gra- zas ao seu talento sempre son bos tempos para a lírica porque ao final os tempos os facemos nós”. 50 aniversario dos Premios Minerva Este ano celebrouse a edición número cincuenta deste certame, que ten como principal obxectivo pro- mover e poñer en valor o uso do galego no ámbito educativo, ao tempo que busca impulsar a literatura na nosa lingua entre a mocidade. O Certame Literario Minerva converteuse pois, nun dos máis lonxevos de Galicia no que á literatura xuvenil se refire, destacable non so pola súa traxectoria, senón tamén polos éxitos literarios que conseguiron moitas das persoas premia- das ao longo da súa historia. noticias

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==