Vamos 238

VAMOS [ 19 ] NOTICIAS Aulmnos e alum- nas premiados nas categorías de na- rrativae poesía de 1º e 2º de ESO Aulmnos e alum- nas premiados nas categorías de na- rrativa e poesía de Educación Primaria C on motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Colexio Peleteiro acolleu os ac- tos de entrega de premios do XLII Certame Literario promovido pola Asociación de Pais do Colexio M. Peleteiro (APAP). Este certame ten como obxectivo promover a es- crita en galego dende a infancia e a adolescencia. Para iso, concédense sendos premios nas modalida- des de narrativa e poesía aos estudantes de 3º, 4º, 5º, e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º da ESO. O primeiro dos actos celebrouse o día 16 de maio, véspera das Letras Galegas, e nel entregáronse os premios para os alumnos e alumnas de primaria nas categorías de narrativa e poesía. O xurado destacou a calidade dos traballos pren- sentados, tanto dos premiados coma do resto de es- tudantes, sinalando que cada ano hai unha mellora notable nas obras presentadas, algo que puido com- probar o público asistente cando os galardoados compartiron parte dos seus relatos cos alí presentes. Durante o acto os alumnos e alumnas de Pdf.TV fixeron un percorrido pola vida e obra de Florencio Delgado Gurián, autor homenaxeado nas Letras Ga- legas 2022: Por outra banda, o mércores 18 de maio o salón de actos do Colexio Peleteiro acolleu o acto de entre- ga dos Premios Literarios da APAP para os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO nas categorías de poesía e narrativa. Neste acto interviu como mantedora a profesora do departamento de Lingua Galega e Literatura do Colexio M. Peleteiro Xisela Fuciños, quen durante a súa intervención fixo un breve repaso sobre a orixe das Letras Galegas e sobre a relevancia na literatura de Florencio Delgado, a quen definiu coma o "autor reflexo do século XX". Pola súa parte o xurado felicitou a todos os parti- cipantes pola súa creatividade, destacando que para elas foi un pracer leer as obras presentadas, animán- doos a que seguisen escribindo en galego. Antes de recibir os seus galardóns, os estudantes premiados tamén tiveron a ocasión de compartir co público un fragmento dos seus textos. En ambos actos os nenos e nenas do grupo de fol- clore puxeron o toque musical coa interpretación de pezas tradicionais galegas ao ritmo das súas pandei- retas.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==