Vamos 239

CONVOCATORIA DOS PREMIOS LITERARIOS MINERVA NA SÚA EDICIÓN NÚMERO 51 O Colexio M. Peleteiro fixo públicas, no mes de outubro, a través da súa páxina web as ba- ses polas que se rexen os Premios Literarios Minerva na edición número 51. Pódense con- sultar nesta ligazón: https://peleteiro.com/ac- tualidad/premios-literarios-minerva Os premios son tres en cada modalidade e inclúen 750, 400 e 250 € respectivamente, medalla conmemorativa e a publicación das obras galardoadas nun libro editado polo Co- lexio Peleteiro. O xurado, formado por escri- tores e profesores de Lingua ou Literatura de distintos centros de ensino de Galicia, poderá outorgar accésits ou mesmo declarar os pre- mios desertos, se o considera oportuno. O fallo darase a coñecer o 11 de marzo nos medios de comunicación e na páxina web do colexio e a entrega dos galardóns levarase a cabo o mércores 12 de abril. 51 PREMIOS LITERARIOS MINERVA Os Premios Minerva son uns galardóns moi recoñecidos, dos máis lonxevos de Galicia dentro da literatura xuvenil, que comezaron a súa andaina no ano 1963 da man do profe- sor Abuín de Tembra; apadriñados por Álva- ro Cunqueiro. Carballo Calero, Carlos Casares, Víctor Freixanes e Neira Vilas foron outros prestixiosos autores que validaron a calidade das obras presentadas. É unha honra para o colexio ver que co paso do tempo algúns dos premiados (Darío X. Cabana, Xesús Rábade, Fernando Ónega...) contribúen ao prestixio do certame. Camiñando na mesma liña, o colexio conti- núa organizando este certame escolar para contribuír ao fomento do uso do galego no ámbito educativo e impulsar a literatura na nosa lingua entre a mocidade. Nestes premios poderán participar alum- nos de 3º e 4º de ESO e Bacharelato ou FP que cursen os seus estudos en Galicia e non te- ñan cumpridos os 20 anos o 31 de decembro de 2022. O alumnado interesado terá de pra- zo ata o 24 de xaneiro de 2023 para presentar os traballos que deben ser orixinais, inéditos e por suposto en galego. Poden participar en dúas modalidades: poesía ou narración. noticias [ 12 ] VAMOS

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==