Vamos 239

noticias [ 8 ] VAMOS A MÚSICA DE ROI CASAL, ENTRE GALICIA E CUBA Roi Casal naceu en Galicia e dende pequeniño está ligado ao noso colexio. Máis de 300 alumnos dos cursos de cuarto da ESO, primeiro e segun- do de Bacharelato, viron en directo ao cantante, xa que protagonizou o noso concerto inaugural do curso 2022-23. O cantante foi presentado polo profesor de mú- sica Orestes Reyes que fixo referencia aos seus ini- cios na música, cando aínda era alumno. Tamén destacou que ao haber coñecido a Neira Vilas mesturaba a cultura galega coa cubana, feito que facía que a súa música fora única. Durante máis dunha hora tocou cancións do seu proxecto musical máis recente Son Galego , Son Cubano . Algunhas das cancións que interpretou foron A Ninfa das frescas augas , Pescadores do golfo , Cuarto de tula , Caballero de París ou Pra o monte . Ao mesmo tempo, explicou o contexto e a historia de cada unha delas. Con este traballo percorreu moitos países. O ar- tista estivo de xira en 2016 por Colombia, Cuba, Ar- xentina, Italia, España e Portugal. A estrea foi no Gran Teatro de La Habana. Non podemos esque- cernos dos seus comezos, Roi Casal formou parte do recoñecido grupo de folk celta Milladoiro . Roi Casal dixo sentirse como en casa, lembrou a súa etapa no Colexio, destacando a formación en coñecementos e valores que adquiriu, “na que Peleteiro é un referente”. Falou dos lazos tan fortes que unen Galicia e Cuba, que coñeceu e nos que profundou grazas a estreita relación que mantivo con Neira Vilas nos seus últimos anos de vida, e polo que realiza este espectáculo. “É unha home- naxe a Neira Vilas e a todos eses galegos que fixe- ron Galicia sen pedir nunca nada a cambio”, dixo Roi Casal. O concerto estivo moi animado, puxo aos alum- nos e profesores a bailar. ¡Foi unha honra compartir este día con el! Lucía Álvarez, Carolina Tato e Noelia López de 5º de Primaria Podes ver un vídeo-re- sumo do concerto aquí : https://youtu.be/ZUZTE9_ Qbrc

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==