Vamos 240

VAMOS [ 19 ] EXTENSIÓN EDUCATIVA COMO SE FAI O 'DÍGOCHOEU' ? E sther Estévez é a presentadora do programa da TVG DígochoEu e nós tivemos a sorte de compartir unha conversa con ela. Estivo no colexio o pasado mes de xaneiro, impartindo unha charla para alumnos de 1º e 2º de Bachare- lato. O seu programa ensina a pronunciar e dicir palabras en galego, difunde o uso da nosa lingua entre a mocidade. Cando visitou o noso colexio, acompañada por Carlos Ama- do, aceptou contestarnos a unhas preguntas: - Gústanos moito a túa forma de falar, Como xurdiu a idea de ensinar galego a través de pequenos vídeos? - A idea xurdiu de Carlos que foi cando em- pezei na tele , foi o que apostou por facer ví- deos en galego; apostou tamén por min, dixome que tiña un galego muy bonito. Ver- daderamente el é o que ten todas as ocu- rrencias locas do DigochoEu. - Temos curiosidade, Ti xa eras galegofa- lante na casa? - Si, xa era galegofalante desde pequena. - Cales pensas que son os motivos polos que a mocidade non fala en galego? Cres que se vai perdendo o seu uso? - Nos pensamos, tanto eu como o resto do equipo, que o que faltan son referentes de calquer ámbito, cultural ou social, en galego. En castelán ou en inglés temos sempre un montón de youtubers ou tiktokers pero en galego non, aínda que é certo que agora xur- den cada vez máis ós que seguir. - Tedes algún plan na TVG ou ti personal- mente a través das redes? - Para chegar a máis xente estamos usando as redes máis populares como Tiktok ou Ins- tagram e agora os sábados pola noite vai a estar conmigo un raposiño aprendendo con nós, para os máis pequerrechiños. - Sínteste orgullosa da labor educativa que consegues co DígochoEu? Lucía Álvarez 5º Primaria Blanca Ayaso 4º Primaria - Por suposto, é un orgullo, e máis non só en Galicia senón en toda España. Estamos moi contentos de que nos recibades así de ben nos colexios. - Tes palabra favorita en galego? - Jajaja, teño moitas. - Moitas grazas Esther.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==