Vamos 240

noticias [ 6 ] VAMOS LARA TOREA SUÁREZ E CARLA CRESPO BERDULLAS GAÑAN OS PREMIOS LITERARIOS MINERVA O xurado dos Premios Literarios Minerva, orga- nizados polo Colexio M. Peleteiro, reuniuse o xoves 9 de marzo para ditar o fallo da edición número cincuenta e un dos recoñecidos galardóns (mem- bros do xurado ao final deste documento). Os alumnos de 3º, 4º de ESO, Bacharelato e For- mación Profesional de Galicia tiveron a oportu- nidade de presentar os seus textos ata o 24 de xaneiro, coa condición de que foran orixinais, in- éditos e por suposto, en galego, xa que con este certame trátase de contribuír ao fomento do uso da lingua no ámbito educativo e a impulsar a lite- ratura entre os mozos. O xurado destacou a calidade das obras poéti- cas e dos relatos, o que semella garantir o futuro das nosas letras. “Agardamos que moitos destes mozos sexan recoñecidos nun futuro próximo no panorama literario galego, sumándose á ampla re- lación de autores hoxe consagrados que comeza- ron a súa traxectoria nos Premios Minerva, como Xesús Rábade, Darío X. Cabana, Suso de Toro, Xa- vier Queipo, Neira Cruz, Berta Dávila, Olga Novo, ou o recente Premio Nacional de Poesía Xove Mi- guel Hernández, Ismael Ramos e a gañadora do certame Xuventude Crea de narrativa, Alba Guz- mán, entre xa tantos autores e autoras indispen- sables das nosas letras”, sinalou o secretario do certame e profesor do Colexio Peleteiro, Mon G. Buhigas. A entrega de premios tivo lugar o 12 de abril nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. (Ar- tigo na próxima edición da Revista Vamos) Nel estivo como mantedor o escritor, mestre e poeta Antonio García Teijeiro. Os autores premiados le- ron unha parte da súa obra como adianto á pu- blicación do libro que recollerá integramente os traballos, editado polo Colexio M. Peleteiro. As obras premiadas En concreto, na modalidade de narración resul- taron 18 traballos finalistas sendo 16 os finalistas na de poesía. Destas obras, o xurado acordou ou- torgar os seguintes premios:

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==