Vamos 241

noticias [ 6 ] VAMOS LARA TOREA SUÁREZ E CARLA CRESPO BERDULLAS RECOLLEN OS PREMIOS LITERARIOS MINERVA O Colexio M. Peleteiro acolleu a entrega de galar- dóns da edición número 51 dos Premios Literarios Minerva. No salón de actos déronse cita autorida- des, membros directivos do colexio e da organiza- ción do certame, os galardoados, familiares, unha representación dos centros educativos premiados e alumnos do colexio Peleteiro. O acto, que tivo lugar a mediados do mes de abril, estivo presentado por unha estudante de 2º de Bacharelato, quen deu a benvida e dirixiu a en- trega de premios. En primeiro lugar dedicáronse fermosas verbas de agradecemento a Teresa Gon- zález da Silva, secretaria do certame durante máis de dúas décadas e que deixou xa esta edición 51 nas mans de Mon G. Buhigas, tamén profesor do colexio Peleteiro. O mantedor Antonio García Teijeiro, escritor, mestre e poeta, comezou a súa intervención di- cindo que era un luxo formar parte deste acto “tan ilusionante” e agradeceu o traballo dos coordina- dores e dos rapaces, “por entrar no mundo litera- rio”. García Teijeiro explicou como a palabra, en forma de versos, cambioulle a vida. “Cando come- cei a escribir notei que me faltaban ferramentas, faltábame lectura. Comprendín que tiña que fa- cer preguntas, esas preguntas requerían unha búsqueda e así comezou a miña transformación. Fíxome máis crítico, máis ateigado da humanida- de. Sen ler a fondo non poderedes escribir ben”. “Lendo escritores, enriquecendo a visión do cotiá, dinlle sentido a miña vida. A escrita faría que me convertese nun escritor sólido. Escribindo acadei unha reivindicación persoal, coñecinme mellor e deume mellores referencias do que me rodeaba”. Continuou explicando que o escritor debe ver, sentir, vivir e coñecer os sentimentos das rúas. “Eu ando coa mirada curiosa, os ollos ben abertos. Sín- tome un poeta da rúa, preto das persoas, e den- Para ver el vídeo, pulse aquí: https://youtu.be/_ XZDJdWxG3Y

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==