Vamos 243

8 ROSALÍA BERNÁRDEZ RIOPEDRE E PABLO GONZÁLEZ FAGINAS O xurado dos Premios Literarios Minerva, organizados polo Colexio M. Peleteiro , reuniuse o xoves 29 de febreiro para ditar o fallo da edición número 52 dos recoñecidos galardóns. Os alumnos de 3º, 4º de ESO, Bacharelato e FormaciónProfesional de Galicia tiveron a oportunidade de presentar os seus textos ata o 17 de xaneiro, coa condición de que foran orixinais, inéditos e por suposto, en galego, xa que con este certame trátase de contribuír ao fomento do uso da lingua no ámbito educativo e a impulsar a literatura entre os mozos. Nesta edición, o xurado destacou a calidade das obras poéticas e dos relatos premiados, que semella garantir o futuro das nosas letras. “O nivel dos traballos premiados é unha boa mostra da puxanza e da forza deste talento novo que, coma sempre, agardamos que se sume á ampla relación de autores e autoras xa recoñecidos que comezaron a súa traxectoria nos Premios Minerva, como Xesús Rábade, Darío X. Cabana, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Berta Dávila, Olga Novo, Ismael Ramos ou Alba Guzmán, entre tantos autores e autoras xa imprescindibles das nosas letras”, sinalou o secretario do certame e profesor do Colexio M. Peleteiro Mon G. Buhigas. A entrega de premios está prevista para o vindeiro 11 de abril nun acto literario no salón de actos do Colexio M. Peleteiro. Os autores premiados lerán unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá integramente os traballos, editado polo Colexio M. Peleteiro.uso da lingua no ámbito educativo e a impulsar a literatura entre os mozos. GAÑAN OS PREMIOS LITEARIOS MINERVA NOTICIAS 01

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==