Vamos 244
19 JUAN PABLO PARDO 2ºBACH Ningún goberno vai permitir que vaiamos a un ordenador antes que a un doctor, pero sí que poderíamos usar a IA para un primeiro cribado ou para analizar imaxes. Tamen traballei nun proxecto que era de detención de retinopatía en prematuros, e o problema foi que aos expertos costáballes poñerse de acordo e coa IA, que non sustituía ós médicos, tiveron unha opinion máis obxetiva. Como gañadora do Premio Frances Allen á muller en intelixencia artificial, Cree que as iniciativas de promoción da muller na ciencia tiveron efecto e que son importantes? Como persoa que dedicou moito tempo en intentar promocionar vocación entre os nenos e sobre todo as nenas teño que recoñecer que as veces desmoralízome xa que paso moito tempo nisto e cando vou ver as estatísticas, todo sigue igual. Este ano en particular houbo máis mulleres matriculadas na miña facultade, polo que pode que empece a facer efecto estas medidas, non o podo asegurar. Eu vexo isto como algo que que sementas e despois non sabes se vas colleitar algo, pero creo que é moi importante atraer a máis mulleres á ciencia en xeral, especialmente á intelixencia artificial e á informática, xa que é un sector que vai ter moita repercusión. Penso que Por que nos imos a privar da metade do talento que existe no mundo? Os equipos teñen que ser diversos, tanto en sexo como en razas. O desenvolvemento da IA foi liderado por homes, polo que algunhas necesidades das mulleres non están cubertas e aparecen sistemas que discriminan as mulleres ou sistemas de detección de cara q non recoñecen caras de personas negras. Todo isto ocorre, por non ter equipos diversos. Qué consellos lles darías aos mozos para o seu futuro relacionados coa intelixencia artificial? Que é unha disciplina apaixonante, aparte de ser multidisciplinal, e dicir, que require unha relación entre xente de distintas disciplinas. A min me encanta por que non me aburro nunca, xa que un día estás a falar con médicos para intentar entender que problema queren solucionar e outro día estás falando con persoas que traballan en dereito porque queres entender como se poderia lexislar, ou relacionado coa economia ou calquera cousa que te podas imaxinar, porque hoxe en dia ten aplicación en todos os campos. Entón é un sector que vai xerar moitos postos de traballo. A min pareceme apaixoante, e moi interesante, a oportunidade de liderar dalgunha forma o futuro. ¿Deberíamos deixar ás empresas decidir sobre a ética na IA ou deberían meterse organismos como a ONU ou a Unesco? Organismos como a Unesco xa teñen as súas recomendación para unha IA ética porque as empresas non son éticas, requiren unhas normas xa que por regra xeral o que queren é gañar diñeiro. Ten que ser algo que esté regulado. É algo complicado pero ten que haber regulación global. Crees que poderíamos chegar a unha IA que teña en conta as emocións e os sentimentos como os humanos? A miña opinión é que podemos chegar a que a IA simule esos sentimentos, pode chegar a parecer que ten consciencia de se mesmo, pero eso quere dicir que a teña? aquí entramos nun debate filosófico. A min paréceme imposible que un sistema de IA poda sentir que ten emocións o que pode facer é actuar como se as tivera. EXTENSIÓN EDUCATIVA
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==