Vamos 244

6 Quico Cadaval: “A literatura serve para saber quen somos” OSALÓNDEACTOSDOCOLEXIO ACOLLEU A MEDIADOS DE ABRIL a entrega dos Premios Literarios Minerva, na súa edición número 52. O mantedor Quico Cadaval, contador de historias e dramaturgo, comezou eloxiando os traballos galardoados e definiunos como “extraordinarios”. Falou de anteriores mantedores e lembrou a Álvaro Cunqueiro nos inicios dos Minerva: “Foi unha persoa que lle daba menos traballo crear que copiar, e esa capacidade de renacer é unha das funcións da literatura”. Na súa intervención falou de anécdotas da infancia e da súa vida, fixo rir e reivindicou ó teatro. “Para que serve escribir, inventar versos ou contos, podendo estar guiando avións ou cavando na terra? Dixéronme que isto tiña que preguntarllo a unha crianza xa que cando comezan a falar nunca usan o Eu senón que falan en terceira persoa, están a facer a súa primeira historia literaria. Chega un momento no que conseguen dicir Eu e inventan historias, non son mentira, senón que é literatura. Por isto, a literatura serve para saber quen somos. Non de primeiras xa, senón que é a arte de intentalo unha e outra vez”. Cadaval fixo rir nomeando preguntas parvas, mentiras e adiviñas de tempos pasados que se lle dicía aos cativos: sabedoría en forma de parvada que pasaba duns a outros. E por último, quixo lembrar o teatro incidindo en que “a apertura de miras a da a literatura. Dinos quen somos, como en Cantares Gallegos”, e engadiu que “o teatro é a voz dos outros, concederlle a voz a outros, Que pensan? e nos fai definitivamente humanos. Por iso, pediu engadir nos Minerva o premio de literatura dramática. 01 NOTICIAS ENTREGA DOS PREMIOS LITERARIOS MINERVA

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==