Vamos 244
7 O Colexio Peleteiro, organizador do certame, recoñeceu os traballos en galego de once estudantes de toda Galicia, nas modalidades de narración e poesía Os rapaces galardonados, que foron en total 11 de distintos colexios e institutos de toda Galicia (6 premios en Poesía e 5 en Narración), foron subindo ao estrado para recoller o seu diploma, premio económico e a medalla conmemorativa do certame. Ademais, tiveron a oportunidade de amosar anacos da súa obra, cada un deles leu un pequeno fragmento elixido previamente, logo do que recibiron o recoñecemento do público. O director D. Luis Peleteiro quixo agradecer ós premiados a súa participación e anuncio que en datas próximas o Colexio Peleteiro presentará un libro sobre a historia dos galardóns, pola súa 50 edición: Cincuentenario dos Premios Minerva, percorrido literario e fotográfico polos premiados, xurado e mantedores dende os seus inicios. O acto rematou coa intervención do director xeral de Cultura, D. Anxo Lorenzo , quen dixo sentirse honrado por participar nestes premios e por “contemplar a enorme creatividade e o talento nestes dous ámbitos da creación literaria, narrativa e poesía, nas xeracións que vides dende abaixo e que estades lanzando a vosa voz”. Definiuse como firme defensor de todos os premios literarios como magnífica oportunidade xa que “esa creatividade nalgúns casos dará lugar a carreiras na literatura e noutros, vai desembocar en diferentes ámbitos creativos. Os Premios Minerva son fundamentais”. Anxo Lorenzo aseguroulle ós rapaces que agora forman parte do importante elenco dos Minerva, nos que foron premiados recoñecidos da literatura galega e dixo de Quico Cadaval que é unha persoa fundamental das artes escénicas de Galicia, recoñecendo o seu traballo para a cultura galega. NOTICIAS
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==