Vamos 244
9 NOTICIAS ‘Cincuentenario dos Premios Minerva’ , un libro - homenaxe sobre a historia do certame PRESENTACIÓN NO SALÓN DE ACTOS O libro Cincuentenario dos Premios Minerva recolle os galardoados, membros do xurado e mantedores dende a primeira edición do certame, no ano 1963 (neste intre baixo o nome Xogos Florais Minerva). Para presentalo, o Colexio organizou un acto ao que asistiron autoridades, dirección, profesores e unha representación de autores premiados ou persoas que formaron parte do xurado. Tamén contaron coas ac- tuacións de alumnos do Centro de Estudos Musicais. O director Luis Peleteir o agradeceu a todos os que fixeron posible que este certame chegara ós 50 anos, mencionando o mantedor da súa primeira edición, D. Álvaro Cunqueiro. Tamén fixo referencia a per- soas importantes como D. Avelino Abuín e D. Manuel Quintáns, e non se esqueceu dos secretarios: Javier Ferreiro, Teresa González da Silva e, na actualidade, Mon Gómez Buhigas, nin dos preto de 500 mozos e mozas galardoados neste tempo. Armando Re- queixo foi o seguinte en intervenir e o fixo en nome propio e dos coautores deste libro, Luís Alonso Gir- gado e Laura Caamaño. “Son premios que teñen unha nómina de autores relevantes abraiante” e engadiu que “non se pode entender a historia da literatura galega sen pasar polos Premios Minerva”. Tamén subiu ó estrado Lara Porto , premiada dúas veces e antiga alumn. “Escribir foi terapia para to- dos os participantes”, e lembrou da súa etapa no colexio coma tiñan a honra de ler anacos das obras de grandes autores. “Que florezan mil maios máis para as Letras Galegas”, concluíu. Logo tomou a palabra José López Campos , Conselleiro de Cul- tur, que fixo un repaso pola historia dos Premios e agradeceu ao Colexio a súa dedicación. Este tipo de premios “son imprescindibles e contribuiron a consolidar o panorama da literatura galega”. A clausura correu a cargo da alcaldesa de Santia- go, Goretti Sanmartín , que cualificou ó certame coma unha referencia no mundo literario. “Todo o mundo coñecemos a alguén que gañou porque moitos se converteron en referentes e non se pode entender a Galiza literaria das últimas décadas sen os Premios Minerva”.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==