Vamos 245
CONVOCADA A EDICIÓN NÚMERO 53 DOS PREMIOS LITERARIOS MINERVA O Colexio M. Peleteiro fixo públicas, no mes de outubr a través da súa páxina web, as ba- ses polas que se rexen os Premios Literarios Minerva na edición número 53. Pódense con- sultar nesta ligazón: https://peleteiro.com/ premios-literarios-minerva/ Como xa sabedes, os Premios Minerva son os galardóns de literatura xuvenil máis lonxe- vos de Galicia, que comezaron a súa andai- na no ano 1963 da man do profesor Abuín de Tembra, apadriñados nesta primeira ocasión por Álvaro Cunqueiro. Outros prestixiosos au- tores que validaron a calidade das obras pre- sentadas neste tempo foron Carballo Calero, Carlos Casares, Víctor Freixanes e Neira Vilas. É unha honra para o colexio ver que co paso do tempo algúns dos premiados (Darío X. Ca- bana, Xesús Rábade, Fernando Ónega...) con- tribúen ao prestixio do certame.Camiñando na mesma liña, o colexio continúa organizan- do este certame escolar para contribuír ao fo- 53 PREMIOS LITERARIOS MINERVA mento do uso do galego no ámbito educativo e impulsar a literatura na nosa lingua entre a mocidade. Nesta edición 53, e así consta nas bases, os premios son tres en cada modalidade e in- clúen 800, 400 e 250 € respectivamente, unha medalla conmemorativa e a publicación das obras galardoadas nun libro editado polo Colexio Peleteiro. O xurado, formado por es- critores e profesores de Lingua ou Literatura de distintos centros de ensino de Galicia, po- derá outorgar accésits ou mesmo declarar os premios desertos, se o considera oportuno. O fallo darase a coñecer o 1 de marzo nos medios de comunicación e na páxina web do colexio e a entrega dos galardóns levarase a cabo o 3 de abril. Nestes galardóns poderán participar alum- nos de 3º e 4º de ESO e Bacharelato ou FP que cursen os seus estudos en Galicia e non te- ñan cumpridos os 20 anos o 31 de decembro de 2024. O alumnado interesado terá de pra- zo ata o 15 de xaneiro de 2025 para presentar os traballos que deben ser orixinais, inéditos e por suposto en galego. Poden participar en dúas modalidades: poesía ou narración. noticias [ 10 ] VAMOS
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==