Vamos 245
VAMOS [ 55 ] Mar Freire 2º Bach Aldeas galegas á venda Beleza vermella EN GALEGO Adrián Furelos 1º Bach O abandono dos núcleos de poboación rurais re- presenta unha perda da identidade e da tradición cultural galega. Este despoboamento, que non é nada novo, tradúcese nun éxodo xeralizado cara ás cidades que está provocando un incremento do nú- mero de aldeas deshabitadas. Ata comezos deste século o territorio galego sem- pre se caracterizou por estar organizado en peque- nas aldeasmoi dispersas. Isto deu lugar ao illamento e ao desenvolvemento dunha cultura e costumes propios, sen apenas influencias externas. Porén, pormor da industrialización e da globalización, o ru- ral galego quedou cheo de atrasos e practicamen- te obsoleto nalgúns aspectos en comparación coas novas grandes urbesmodernas. Estas ofrecen unha maior oferta laboral e facilitan o acceso a numero- sos servizos e comodidades. Como consecuencia destamigración e das baixas taxas de natalidade, o rural diminuíu drasticamen- te a súa poboación nas últimas décadas, aomesmo tempo que a media de idade da xente que o habita aumentou. Ademais, a tradición oral e os costumes destas aldeas estanse perdendo como un efecto colateral, xa que a cidade fomenta unha sociedade que vivemáis preto do presente, das tendencias ac- tuais e das modas, sen ter en conta, en moitas oca- sións, as nosas orixes e raíces. Esta situación está chegando a límites preocupan- tes se temos en conta a venda masiva de propieda- des rurais a investidores e persoas estranxeiras. De feito, hai varias plataformas e páxinas web adicadas exclusivamente a publicitar e xestionar esas vendas de terras e inmobles case en ruínas nos que os es- tranxeiros descobren un valor ou unha oportunida- de de futuro que os propios galegos, tristemente, somos incapaces de ver, por non falar dos prezos ín- fimos e ridículos que se están a pagar para maior hipocrisía. Por todo isto poderíase dicir que a posta á venda do rural galego ten como fin o de atopar unha so- lución rápida a este problema. Non obstante, tráta- se só dunha solución dende un punto meramente económico, non social nin cultural. Pero, ademais, débese pór de manifesto a falta doutras estratexias a longo prazo por parte do Goberno para reverter esta situación mediante campañas que fixesen ver aos galegos a grande oportunidade que sería inves- tir no rural. Beleza vermella, es el primer libro de una trilogía de los inspec- tores Abad y Barroso. Escrita por la autora, Arantza Portabales, se puede encontrar en gallego y castellano, donde el título pasa a ser Belleza roja. Esta novela negra ambientada en Santiago de Com- postela, trata del asesinato de la sobrina de una artista gallega, donde la escena del crimen está presentado casi como una obra de arte. Este asesinato tiene seis sospechosos, aparentemente ino- centes al principio pero todos con motivos ocultor para querer su muerte.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==