Vamos 246

10 Lucía Domínguez e Antón Fernández gañan os Premios Minerva O Colexi Peleteiro acolleu a principios de abril a entrega dos Premios Literarios Minerva, na súa edición número 53. A mantedora Helena Villar Janeiro falou da arte literaria e das distintas interpretacións dunha lectura ou dun poema: “A arte literaria non remata mentres alguén non a interpreta. Escribir e ler, ler e escribir, son os dous vértices entre os que se move a literatura”, e animou aos mozos e mozas a alimentarse de literatura de calidade. “Lede a grandes figuras da nosa literatura, aquela que xa na Idade Media abraiou ao mundo”, nomeando a Rosalía de Castro ou Álvaro Cunqueiro, entre outros. A continuación, os 12 rapaces galardoados foron subindo ao estrado para recoller o seu diploma, premio económico e a medalla conmemorativa do certame; ademais de amosar un pequeno fragmento da súa obra. O director Luís Peleteiro quixo agradecer ós premiados a súa participación e aos centros educativos a difusión que fan do certame; ademais do apoio coa súa presenza ás autoridades. A concelleira de Educación, Míriam Louzao, felicitou aos rapaces por entrar a formar parte da brillante relación de gañadores anteriores, e nomeou a Neira Cruz ou Xesús Rábade. “Os Minerva cumpren xa o seu obxectivo no momento que animan a escribir”, e rematou cunha frase de Berta Dávila: “trátase de escribir o que che fai feliz” e por iso animou aos rapaces a seguir esa recomendación, “para ser felices e dar felicidade a quen vos lea”. A clausura correu a cargo de Valentín García, secretario xeral da Lingua, quen fixo referencia a importancia dos premios. “Hai moi poucos premios literarios no mundo que teñan a certeza de continuar 53 anos. Os Minerva son unha marca, unha identidade. Trátase da Minerva compostelana, a do Colexio Peleteiro”, tamén dixo que sempre levarán no seu currículo este premio o que implica a súa calidade humana. “Estaredes o día de mañá nas facultades e alí teredes moitas oportunidades de medrar, pero non esquezades de onde vides, non esquezades a cultura e a lingua galega” e rematou: “Temos en vos a nosa esperanza, seguide escribindo e creando que os anos vindeiros terán moito que contar de vos”. ACTO DE ENTREGA DA EDICIÓN NÚMERO 53 NOTICIAS 01

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==