VAMOS 248
9 NOTICIAS CERTAME LITERARIO O Colexio M. Peleteiro fixo públicas, na súa páxina web, as bases polas que se rexen os Premios Literarios Minerva na edición número 54. Pódense consultar nesta ligazón: https:// peleteiro.com/premios-literarios-minerva/ Como xa sabedes, os Premios Minerva son os galardóns de literatura xuvenil máis lonxevos de Galicia, que comezaron a súa andaina no ano 1963 da man do profesor Abuín de Tem- bra, apadriñados nesta primeira ocasión por Álvaro Cunqueiro. Outros prestixiosos autores que validaron a calidade das obras presenta- das neste tempo foron Carballo Calero, Car- los Casares, Víctor Freixanes e Neira Vilas. É unha honra para o colexio ver que co paso do tempo algúns dos premiados (Darío X. Cabana, Xesús Rábade, Fernando Ónega...) contribúen ao prestixio do certame.Camiñando na mesma liña, o colexio continúa organizando este certa- me escolar para contribuír ao fomento do uso do galego no ámbito educativo e impulsar a li- teratura na nosa lingua entre a mocidade. 54 PREMIOS LITERARIOS MINERVA Nesta edición 54, e así consta nas ba- ses, os premios son tres en cada mo- dalidade e inclúen 800, 400 e 250 € respectivamente, unha medalla con- memorativa e a publicación das obras galardoadas nun libro editado polo Co- lexio Peleteiro. O xurado, formado por escritores e profesores de Lingua ou Li- teratura de distintos centros de ensino de Galicia, poderá outorgar accésits ou mesmo declarar os premios desertos, se o considera oportuno. O fallo darase a coñecer o 7 de mar- zo nos medios de comunicación e na páxina web do colexio e a entrega dos galardóns levarase a cabo o 9 de abril. Nestes galardóns poderán participar alumnos de 3º e 4º de ESO e Bachare- lato ou FP que cursen os seus estudos en Galicia e non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de decembro de 2025. O alumnado interesado terá de prazo ata o 14 de xaneiro de 2026 para presentar os traballos que deben ser orixinais, in- éditos e por suposto en galego. Poden participar en dúas modalidades: poesía ou narración.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==