VAMOS 249
10 Raúl Bouzón e Inés Pereiro, gañadores dos Premios Minerva O xurado dos Premios Literarios M i n e r v a , organizados polo Colexio M. Peleteiro, reuniuse o xoves 5 de marzo para ditar o fallo da edición número 54 dos recoñecidos galardóns Os alumnos de 3º, 4º de ESO, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia tiveron a oportunidade de presentar os seus textos ata o 14 de xaneiro, coa condición de que foran orixinais, inéditos e por suposto, en galego, xa que con este certame trátase de contribuír ao fomento do uso da lingua galega no ámbito educativo e a impulsar a literatura entre os mozos. O xurado destacou a calidade das obras poéticas e dos relatos EDICIÓN NÚMERO 54 DO CERTAME ESCOLAR NOTICIAS 01 Os membros do xurado destacaron a calidade das súas obras: ‘E ti de quen es?’ e ‘Portus Dorsum/Mica/Dolmen’. premiados, que anuncian un futuro prometedor e luminoso para as nosas letras, obxectivo e razón de ser dos premios. “O excelente nivel dos traballos premiados mostra a puxanza e a forza deste talento novo que, coma sempre, agardamos que se sume á ampla relación de autores e autoras xa recoñecidos que comezaron a súa traxectoria nos Premios Minerva, como Xesús Rábade, Darío Xohan Cabana, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Berta Dávila, Olga Novo, Ismael Ramos, Alba Guzmán, Brais Lamela, entre tantos autores e autoras xa imprescindibles das nosas letras, e mesmo o recentemente falecido Fernando Ónega, premiado nos anos 1964 e 1965 ”, sinalou o secretario do certame e profesor do Colexio M. Peleteiro, Mon G. Buhigas. A entrega de premios se levará a cabo o 9 de abril nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Os autores premiados lerán unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá integramente os traballos, editado polo Colexio M. Peleteiro.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==