VAMOS 250
74 F alamos con Xavier Calvo, mestre de Educación Física e de Natación no noso colexio. Unha das cousas que nos diferencian como colexio é que dende os catro anos ata primeiro de Bachalerato temos de asignatura Piscina por iso queremos facerche as seguintes preguntas. QUE BENEFICIOS TEN REALIZAR PISCINA DENDE OS 4 ANOS ATA OS 16 ANOS? Nadar, xogar e facer outros deportes na auga é divertido e ten moitos beneficios, sobre todo si se complementa practicando tamén outros deportes fora da auga: - Aumenta a túa seguridade na auga. Aprender a nadar ben é importante para abrir moitas posibilidades nun medio que está moi presente no noso entorno (piscinas, ríos, praias...). - Aumenta a coordinación, o equilibrio e o dominio do corpo. - Na auga melloras todo o corpo, porque utilizas case todos os músculos. Aumentas a túa forza e a resistencia. O teu corazón funcionará mellor e cada vez poderás facer máis actividade sen fatigarte. COMO VÓS ORGANIZADES PARA DAR CLASE DE PISCINA A TANTOS CURSOS? Temos moita sorte de poder desfrutar dunha piscina no colexio. Isto permítenos facer unha parte da educación física na agua. As sesións de actividades acuáticas forman parte da materia de Educación NUESTROS RELATOS 11 A importancia da piscina como asignatura XIMENA BODENLLE, ELENA LETE 6º DE PRIMARIA Física. En Primaria, das dúas sesións semanais de Educación Física, realizamos unha “en seco” e outra na agua. Na ESO e en Bacharelato, realizamos unha sesión de Educación Física propiamente e a outr sesión adícase a tres deportes durante o curso. Un destes deportes é natación (actividades acuáticas). Ademáis tamén se oferta a natación como actividade optativa. CANTOS PROFESORES DE PISCINA SODES? 10 profesores. COMO SE EVALÚA A ASIGNATURA DE NATACIÓN? Valoramos sobre todo a participación e o traballo que realizades en cada sesión. Isto inclúe varias cousas, como a puntualidade, a implicación activa e o esforzo por realizar as tarefas ou exercicios do mellor xeito posible para mellorar. Tamén se ten en conta a evolución e as habilidades que finalmente se adquiren. QUÉ ENSINADES PRINCIPALMENTE EN CADA ETAPA EDUCATIVA? En Infantil inicialmente traballamos a familiarización e adaptación ó medio acuático con habilidades básicas como desprazamentos, xiros, saltos... En Primaria traballamos ademáis as habilidades técnicas relacionadas coa respiración, a propulsión, xiros, saltos, mergullo e a introdución ós estilos. En actividades orientámonos cara a iniciación deportiva ós deportes acuáticos.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==