Entrevista al Dr. Alejandro Garcia​

Dr. Alejandro García: “Criar nenos para que sexan felices lévanos torpemente a pensar en como evitarlles os sinsabores que entraña medrar, o adestramento continuo para poder acadalo, superando as frustracións que van a ter polo camiño”

P: ¿Quen é Alejandro García Caballero?
R: Son psiquiatra, Doutor e investigador do ámbito da psiquiatría, a psicoloxía e a neuropsicoloxía. Comecei formándome en Cambridge en temas de memoria e despois pasei uns anos traballando en cognición social, no recoñecemento das emocións, para finalmente centrarme na prevención do suicidio e nos problemas emocionais da mocidade. Nos últimos anos botei a andar en Galicia o Programa YAM para a prevención do suicidio dende os centros escolares. Trátase dunha iniciativa pioneira en España, un programa internacional, orixinal do Instituto Karolinska de Estocolmo, dotado de importante evidencia científica e moi bos resultados noutros países. Durante todo este tempo ademais traballei na clínica, como psiquiatra do SERGAS (no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense) e tamén a nivel privado. Levo case 30 anos a pe de campo.

P: Nos últimos tempos estase poñendo o foco sobre a saúde mental infanto-xuvenil, especialmente na adolescencia ¿Temos motivos para preocuparnos? ¿que está pasando?
R: Houbo unha serie de cambios de tipo sociolóxico dos cales a mocidade non é allea. Cambios globais, como a irrupción das novas tecnoloxías, a universalización dos smartphones e as redes sociais. Todo isto levou a un cambio na maneira na que nos socializamos todas e todos, especialmente na que socializan os adolescentes, na adquisición de habilidades á hora de relacionarse cos pares, etc. Todo esa parte mudou moito e de maneira moi súbita. A chegada do COVID provocou unha especie de dixitalización forzada de todo, tamén das relacións interpersoais, do lecer e de mil cousas máis, que afectan á construción da propia identidade, nun momento tan crítico como é a adolescencia, dunha boa autoestima, sólida, coa que afrontar de xeito solvente ás demandas que a realidade lles pon diante. Á adolescencia é un momento no que nos estamos despedindo dos papás, dalgunha maneira, onde os criterios que hai dentro de casa son cuestionados, e é importante que sexan cuestionados para construír a nosa propia identidade. Para facer ese traballo de dixestión nos temos que identificar co grupo de pares e para iso necesitamos ter contacto persoal real, o menos distorsionado posible, cara a cara, para aprender inmediatamente das reaccións do outro. Un dos problemas das redes sociais é que nos ofrecen moitas veces modelos afastados dos moldes ou ideais familiares. Como di Ubieto no seu libro Del padre al iPad, antes os papás e as mamás eramos razonablemente influíntes á hora de xerar identidade nos nosos fillos e agora os que constrúen identidade, son os medios de comunicación, especialmente as redes sociais e todo ese imaxinario que as rodea. Ás rapazas se lles mete moita presión co tema do corpo e a aceptación da imaxe corporal, con cánones de beleza totalmente aberrantes aos que están expostas continuamente, e que tamén está empezando a pasar cos rapaces, cada vez máis precozmente metidos nos ximnasios, facendo exercicios de forza…, porque tamén están atravesados por eses mesmos modelos e unha serie de ideais que teñen que ver co rendemento, co perfeccionismo e o éxito. Algo que non se corresponde coas personiñas que aínda son. Nesta sociedade que vende soños e fantasías, parece que todos podemos ser o que queiramos, pero temos que ter estratexias suficientemente potentes para poder soportar a frustración. En materia de saúde emocional estamos peor que 20 anos atrás. A demanda asistencial multiplicouse por catro e a nivel global a evidencia científica nos di que é algo que está a pasar en todo Occidente. Non é un fenómeno español, nin galego. Nos últimos anos medrou o malestar emocional da mocidade, de maneira moi sinalada nas rapazas. Se multiplicou por 3 ou por 4 a proporción de adolescentes que senten síntomas de ansiedade de maneira frecuente ou ben que mesmo teñen ideación suicida. A ideación suicida é “canónica” na etapa adolescente, que ninguén se engane. Que un adolescente empece a pensar na morte a esa idade forma parte dun proceso de crecemento, non é unha novidade. Pero ocorre que o número de adolescentes que lle dan voltas de maneira máis estruturada á posibilidade de morrer, ante determinados fracasos ou sinsabores, agresións ou malestares da vida, aumentou moito. Neste este momento a probabilidade de ter ideación suicida nos últimos meses nun adolescente situase arredor dun 10%, e no caso das rapazas mesmo maior. Iso deriva tamén en máis en problemas de adiccións, de xogo patolóxico, consumo de pornografía, etc.

P: Ese malestar emocional que caracteriza esta nova xeración por que pode estar explicado? pola pandemia, polas redes sociais, as familias, a sociedade…?
R: Eu non sabería darlle un peso a cada un deses factores, pero penso que todo isto non é culpa da pandemia. A pandemia o que fixo e desbordar a situación. Ao mellor o que estamos contemplando son os efectos doutro tipo de procesos. Si os rapaces xa estaban moi dixitalizados agora ían estalo máis. Pero claramente todo isto non se pode atribuír á pandemia. Se non houbera pandemia, posiblemente estaríamos nunha situación parecida. Houbo cambios de tipo ideolóxico nos últimos 20 anos, con respecto á subxectividade, con respecto aos ideais de crianza, cambios de tipo sociolóxico en todo occidente que implica un modelo novo, pasmos de criar traballadores a criar consumidores. É o que se chama “o suxeito ideolóxico buscado”, a personaxe do noso tempo. Iso xera un tipo de mentalidade ou cosmovisión, unha maneira de ver o mundo diferente. Un dos obxectivos da crianza a día de hoxe é criar rapaces felices. Isto xa pasaba con Aristóteles, pero o significado da felicidade agora é outro. Non é o mesmo. O que significa ser feliz en cada etapa da historia é diferente. Neste momento identificamos a felicidade co consumo, pero tamén con ter un proxecto individual no que nos salgamos coa nosa, que podamos desenvolver con plenitude as nosas capacidades. É ben intencionado, pero ten pouco en conta as dificultades ou os límites que imos abordar. Son lemas que lle veñen moi ben ao marketing (impossible is nothing, just do it, puedes ser lo que quieras ser…), pero non avisan do esforzo que hai que poñer día a día para acadalo, para que as cousas saian, que por moito desexo que eu teña de ser cinturón negro, hai un proceso moi pesado de adquirir habilidades suficientes como para acadalo. Tolerar esa frustración, con este modelo de hoxe é realmente complicado. Criar nenos para que sexan felices lévanos torpemente a pensar en como evitarlles os sinsabores e as dificultades que entraña medrar, vivir, o adestramento continuo para poder acadalo, superando as frustracións que van a ter polo camiño. Hai unha pregunta que sempre fago nas miñas charlas: ¿coñeces algún neno ou nena que só coma salchichas? No auditorio sempre hai alguén que di que si. Seguro que os papás e as mamá son perfectamente conscientes de que non é saudable comer salchichas e patacas fritas todo o día. Sábeno. Pero teñen dificultades para poñer límites aos rapaces. Isto tan habitual é un dos marcadores desta nova modernidade, desta contemporaneidade: as dificultades para poñer límites no día a día. Ao final os pais en lugar de comportarse como pais, acaban comportándose como pares.

P: Ocuparse do problema da tecnoloxía viría a ser unha oportunidade para reaxustar outras cousas, tocar outras pezas ou apretar tuercas se cadra máis importantes?
R: Claramente, o problema coa tecnoloxía é a punta do iceberg. É onde se ve o conflicto, pero o problema está no fondo. Acabamos en Urxencias porque ao rapaz de 12 anos lle sacamos o móbil ou lle tentamos meter un filtro parental. Isto pasoume aínda agora neste Nadal, porque Papá Noel lle trouxera un móbil e o seu pai lle estaba limitando o número de horas que o usaba e a hora á que se tiña que desconectar. Acabaron a castaña limpa na casa. Esa intolerancia a aceptar límites e esa dificultade por parte dos pais á hora de poñelos é moi habitual hoxe. Non é cuestión de totalitarismo, non. Si eu, como paio ou como nai, considero que teño un criterio, que pode ser errado ou obsoleto, pero é o meu papel como pai poñer eses límites. Os pais somo titores de resiliencia, somos como os titores dos tomates, o pau, a guía que lle poñemos aos tomates para aguantar mecha. O titor nin da de comer, nin da o sol, nin o rego. O que fai é evitar que o tomate se desparrame. O que temos que facer é evitar que os nosos rapaces se desparramen, aguantar e de cando en vez atar a tomateira.

P: ¿Estamos educando na autonomía e na responsabilidade?
R: A autonomía e a responsabilidade son obxectivos de crianza que hoxe se identifican con modelos periclitados o autoritarios. Todo o contrario. A autonomía o que permite é a ganancia de autoestima, e os nosos rapaces están moi necesitados de autoestima. Moitas veces teñen todas estas dificultades de saúde mental porque o que teñen é moi pouca tolerancia á frustracións e moi pouca autoestima, dúas cousas que van moi vencelladas unha coa outra. Non cabe dúbida que as fontes de autoestima son a confianza básica, o vínculo e a ganancia de autonomía. Temos que deixar que os rapaces poidan equivocarse e que eles mesmos se vaian colocando as medallas ao ir gañando autonomía e habilidades novas. Si poden cortar un filete, que corten o filete. Si poden atar os zapatos que aten os zapatos eles soliños. Se poden lavarse que se laven eles solos. E cada vez que sexan quen (mellor ou peor) de facer todas esas cousas eles solos, poñeranse unha medalla de autoestima. Despois están os valores e ideais que se transmiten desde a casa, que son moi importantes para soster a autoestima. E, por último, cando empeza a adolescencia está o grupo de pares e a dixestión de todos eses ideais, para crear unha identidade propia. Todos eses son pasos de ganancia de autoestima, necesarios para chegar á adolescencia razoablemente preparados para que, de pronto, cando nos namoremos poidan non querernos, ou nos poidan deixar sen que pase un cataclismo.

P:Cada vez hai máis charlas de educación emocional, máis protocolos… pero o malestar emocional cada vez é maior. Hai algo que non estamos facendo ben?
R: Na educación emocional parece como que houbera, seguindo a teoría de Eckman, un sistema universal prefixado de tipo emocional ou hardware, como si fose un automatismo. Sen embargo, vemos que non é así. Lisa Feldman (recomendo o seu último libro) sostén que a emoción é como unha predicción, cun significado determinado. Noutras culturas, como as orientais, teñen unha aprendizaxe de supresión das emocións que non necesariamente produce menos saúde mental que a nosa. Non é necesario ou imprescindible desde o punto de vista da especie ter un debullamento das emocións moi elaborado. Non sería imprescindible. Cada cultura o resolve ou manifesta dunha maneira determinada. No noso caso hai un problema social, non necesariamente da escola, que é que a elaboración da emoción, a contención da emoción, non se está facendo ben porque está a ser moi difícil poñer límites. Si levas ao neno de 5 anos a un parque e quere ir correndo, antes de soltalo da man dislle: non corras, ten coidado… pero o nenos sóltase, sae correndo, tropeza, cae e fai pupa, e chora. O normal nese momento é achegarse a el e dicirlle “xa cho dixen que ías caer”; e en segundo lugar limparlle a ferida e dicirlle “non pasa nada, non é nada”. Con iso o estamos desconfirmando, porque lle estou dicindo que non pasa nada e dicíndolle que son un irresponsable, porque xa sabía o que ía pasar e aínda así deixeino saír correndo. Un psicoanalista abrazaría ao rapaz e diríalle “doe moito, xa o sei, pero imos contar ata dez e xa che vai pasar”. Con iso o que estamos facendo é dándolle ao rapaz unha estratexia de contención da emoción que non tiña. Nós temos a obriga de facer de modelo á hora de conter as emocións, de xestionar ás emocións, de connotalas, interpretalas e asimilas. “Doe moito, as cousas ás veces doen moito”. O feito de que con 13 ou 14 anos unha moza ou mozo non me queira ou me deixe doe moito, pero vai pasar. A esas idades xa temos que ir desenvolvendo un aparato de contención emocional, de afrontamento, que hai que empezar a montar dende cativos. Cando un bebé chora, temos que consolalo inmediatamente, pero a partir dos 3 meses os papás e mamás, os adultos primordiais, xa lle din “tranquilo, non pasa nada” e o fan tardando cada vez un pouquiño máis. Ese é un exercicio de frustración, que igual que o facemos con 3 meses o temos que facer con 6 meses, con dous anos… e temos que estar acompasando, ensinándolle aos nosos nenos a frustrarse e a seguir cara adiante. O outro día nunha charla se me acercou unha nai e me dixo: “entón eu o estiven facendo mal”. Non o fixeches mal. Isto é un marcador social. Non che pasa só a ti. Hai un problema de criterio por parte dos pais, que se senten máis inseguros á hora de poñer límites, polo que ao final terminan recorrendo a profesionais. O que temos é que empoderar a esas familias para que teñan criterio.

P: No marco de un plan de benestar dixital encamiñado a promover un uso saudable e responsable da tecnoloxía que pinta una charla como a túa, na que nos imos ocupar das emocións dos adolescentes, dos seus problemas emocionais?
R: Eu o que pretendo coa charla e tratar de dar un sustrato lóxico do resto das operacións que vos ides promover co Plan de Benestar Dixital. As cuestións prácticas do tipo “O móbil a partir de que idade?” “Poño control parental ou non llo poño?”, “Móbil a partir das dez da noite nada”, “Mobil na habitación tampouco”. Ese recetario práctico non é máis que a guinda do pastel. Por detrás ten que haber todo un proceso de crecemento e de adquisición de habilidades e competencias, para ser quen de autocontrolarse cando veñan mal dadas. E, por outra parte, de creación de identidade, facendo unha serie de procesos (como por exemplo ese do loito do corpo infantil ao principio da pubertade, de separación dos pais), que os papás teñen que entender como procesos naturais desde o punto de vista psicolóxico, nos que eles poden ter criterio perfectamente. Simplemente teñen que convencerse de que poden axudar aos seus fillos a medrar.

P:¿Diríamos que para que os nenos sexan menos vulnerables na contorna dixital é importante que estean ben construídos?
R: Correcto. Que teño que facer para protexer ao meu neno a nivel dixital? Se lles pode dar consellos, claro que si, pero esas estratexias son só a punta do iceberg, dos problemas de malestar que teñen os rapaces. Si eu non fago todas as outras tarefas de fondo, no dixital vou a estar vendido, a vulnerabilidade dos rapaces vai seguir abrollando por detrás, en calquera outro momento. A adolescencia non se cura, non é unha enfermidade, se acompaña. Canto máis retardemos que se metan en líos…, se conseguimos que cheguen aos 18 sen facerse demasiado dano, os problemas vanse resolver de maneira máis doada.

TALLER PARA LAS FAMILIAS 4

¿Entendemos realmente el acoso escolar? Trabajando la prevención desde todos los ángulos.
Javier Pérez Aznar (coordinador del Programa TEI)

ENTREVISTA con… Javier Pérez Aznar

Entrevista con Javier Pérez Aznar: Psicólogo, experto en prevención del acoso escolar y coordinador del Programa TEI (Tutorías Entre Iguales).   Según la UNESCO 1 de cada 3 chavales en