O pasado xoves, 1 de marzo reuniuse o xurado encargado de fallar os Premios Literarios Minerva na súa XLVI edición, presidido por D. Manuel Quintáns Suárez e D. Luís Alonso Girgado nas modalidades de narración e poesía respectivamente. Entre un total de 221 traballos presentados, 147 na modalidade de narración e 74 na de poesía, resultaron finalistas 36 narracións e 22 triloxías poéticas. Desta obra o xurado acordou outorgar os seguintes premios:
MODALIDADE
DE NARRACIÓN
1º
Premio, de 600 euros e medalla de prata conmemorativa do Certame,
a Alba Pérez Barcala, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato
do IES de Cacheiras, Teo, polo seu relato «Papel cosido».
2º
Premio, de 400 euros e medalla de prata conmemorativa, a Juan
Christian Rodríguez Fernández, de 17 anos, alumno de 2º de
Bacharelato do Sagrado Corazón Franciscanas de A Coruña, pola súa
obra «Martiria».
3º
Premio, de 250 euros e medalla de prata conmemorativa, a Uxía
León Fernández, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do
IES Arcebispo Xelmírez II, pola súa narración titulada «Itinerante».
1º
Accésit a Iago Fraga Vilas, de 15 anos, alumno de 4º de ESO do
IES Francisco Asorey de Cambados, polo seu traballo «O
último soño».
2º
Accésit a Mireya Rodríguez Fernández, de 18 anos, alumna de
2º de Bacharelato do IES Lauro Olmo de O Barco , polo seu
traballo «Petrificada en ámbar».
3º
Accésit a Helena Gómez Villanueva, de 17 anos, alumna de 1º
de Bacharelato do Colexio M. Peleteiro de Santiago de Compostela, polo seu traballo «Carabela».
MODALIDADE
DE POESÍA
1º
Premio, de 600 euros e medalla de prata conmemorativa deste certame
literario, a María Fernández Quiñones, alumna de 2º de
Bacharelato Colexio Calasanz- PP. Escolapios, pola súa
triloxía «Arder».
2º
Premio, de 400 euros e medalla de prata conmemorativa, a Jorge
Moral Vidal, de 17 anos, que cursa 2º de Bacharelato no IES
Lauro Olmo de O Barco, polo seu poemario titulado «Antoloxía».
3º
Premio, de 250 euros e medalla de prata, a Juan Carlos Rocamonde
Quintela, de 16 anos, estudante de 2º de Bacharelato do Colexio
M. Peleteiro, polo seu traballo «Vísceras de arco iris».
1º
Accésit, a Carmen Charle Lestón, de 17 anos, alumna de 2º
de Bacharelato do IES Os Rosais II de Vigo, pola súa obra «Entre
as túas costas e a miña parede».
2º
Accésit, a Lois Pérez González, estudante de 4º de ESO
do CPR Santa María (Maristas), de Tui, pola súa obra «Amores
inmaturos».
3º
Accésit, a Cristina Souto Pita, de 15 anos, estudante de
4º de ESO do IES Plurilingüe Castro da Uz de As Pontes de García
Rodríguez, pola súa obra «Tenruras da terra».
Agardamos
que, como xa vén sendo habitual, moitos destes autores sexan
recoñecidos, nun futuro próximo, no panorama literario galego,
sumándose á ampla relación de autores hoxe consagrados que
comezaron a súa traxectoria literaria nos Premios Minerva:
Xesús Rábade, Darío X. Cabana, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira
Cruz, Ánxeles Penas, Rei Ballesteros, Olga Novo, Rafa Villar, Roque
Cameselle, Lucía Aldao, Berta Dávila ou Ismael Ramos.
O acto literario de entrega de premios terá lugar o xoves 5 de abril, ás 17:00 h, no salón de actos do Colexio M. Peleteiro. Nel actuará como mantedora a escritora e académica da Real Academia Galega Dª
Fina Casalderrey.
Neste acto, os autores premiados lerán
unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que
recollerá integramente os traballos, tal como se vén facendo nos
últimos anos, e que será editado polo Colexio M. Peleteiro.




