Jorge Mira protagoniza a inauguración do curso no Colexio Manuel Peleteiro

O Colexio M. Peleteiro celebrou esta tarde o acto académico co que deu por inaugurado oficialmente o novo curso escolar. Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, autoridades, familias, profesores e membros do equipo directivo asistiron a conferencia, que cada ano oficia unha persoa relevante do seu ámbito profesional.

Nesta ocasión correu a cargo de Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física da USC. A conferencia levou por título: A que altura está o ceo?.

O acto, que comezou ás 17.10 horas, contou na mesa presidencial co director do Colexio, Luis Peleteiro; co concelleiro de Economía de Santiago, Manuel César Vila; a coordinadora de Educación Primaria, Mª Carmen Seijo; a coordinadora pedagóxica de Educación Secundaria e Bacharelato, Marica López e a coordinadora organizativa de ESO e Bacharelato, María Picallo.

O director Luis Peleteiro dirixiuse en primeiro lugar ao alumnado: “Sodes o colectivo máis importante do Colexio e a razón de ser desta institución. Todos desexamos que sexades capaces de alcanzar as vosas metas, e para iso traballamos a diario, para ofrecervos os coñecementos e as habilidades necesarias para afrontar a vosa próxima etapa, sexa cal for a que escollades�. Agradeceu ao profesorado o seu traballo, “brindando aos nosos alumnos unha educación de calidade pola que as súas familias confiaron en nós� e dirixiuse ás familias como piar fundamental do Colexio: “Grazas pola confianza e, espero que, cando os vosos fillos e fillas finalicen a súa etapa aquí, teñades o convencemento de que mereceu a pena�.

Acto seguido deu paso ao conferenciante, Jorge Mira, catedrático de electromagnetismo no departamento de Física Aplicada e investigador do iMATUS da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A súa traxectoria investigadora destaca pola notable variedade de áreas que abordou: ciencia de materiais física matemática, dinámica de sistemas sociais, varias áreas de medicina, xeografía e enxeñarías eléctrica, química e civil. Director da cátedra institucional USC-Mindata. Cofundador da empresa de base tecnolóxica Ventilatio Lab.

Foi recoñecido, entre outros, coa Medalla Galicia de Investigación 2022, na área de física, matemática e ciencias da computación. É tamén un activo comunicador científico en televisión, radio e prensa desde hai máis de 25 anos. 

Comezou a súa intervención dicindo: “Dende a nosa orixe como especie, os seres humanos fixémonos sempre dúas preguntas fundamentais: De onde vimos? Cal é o tamaño do Universo no que vivimos?� indicou Jorge Mira, quen continuou a conferencia facendo un percorrido histórico das respostas que a ciencia deu a esas preguntas, facendo fincapé nos fundamentos das medidas realizadas e explicándoas de modo didáctico.

Comezou na época da Grecia clásica, na que se conseguiron fitos extraordinarios, como calcular a distancia á Lúa, e rematou na época actual, na que “en principio parece que resolvemos as preguntas… aínda que cando parece que se pecha unha porta, ábrese outra máis intriganteâ€�. A clausura do acto inaugural correu a cargo do concelleiro de Economía de Santiago, Manuel César Vila.