Antón Fernández e Lucía Domínguez son os gañadores dos Premios Literarios Minerva

O xurado dos Premios Literarios Minerva, organizados polo Colexio M. Peleteiro, reuniuse o xoves 27 de febreiro para ditar o fallo da edición número 53 dos recoñecidos galardóns (membros do xurado ao final deste documento).

Os alumnos de 3º, 4º de ESO, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia tiveron a oportunidade de presentar os seus textos ata o 15 de xaneiro, coa condición de que foran orixinais, inéditos e por suposto, en galego, xa que con este certame trátase de contribuír ao fomento do uso da lingua no ámbito educativo e a impulsar a literatura entre os mozos. Bases dos premios: https://peleteiro.com/premios-literarios-minerva/

O xurado destacou a calidade das obras poéticas e dos relatos premiados, chamados a garantir o futuro das nosas letras. “O nivel dos traballos premiados é unha boa mostra da puxanza e da forza deste talento novo que, coma sempre, agardamos que se sume á ampla relación de autores e autoras xa  recoñecidos que comezaron a súa traxectoria nos Premios Minerva, como Xesús Rábade, Darío X. Cabana, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Berta Dávila, Olga Novo, Ismael Ramos ou Alba Guzmán, entre tantos autores e autoras xa imprescindibles das nosas letras”, sinalou o secretario do certame e profesor do Colexio M. Peleteiro, Mon G. Buhigas.      

A entrega de premios está prevista para o vindeiro 3 de abril nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Os autores premiados lerán unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá integramente os traballos, editado polo Colexio M. Peleteiro.

 

 pe

As obras premiadas

En concreto, na modalidade de narración resultaron 20 traballos finalistas e na de poesía, 19. Desta obra, o xurado acordou outorgar os seguintes premios:

Modalidade de NARRACIÓN

 

    • 1º PREMIO: Lucía Domínguez Pereira, de 17 anos, alumna do IES Xoán Montes de Lugo, polo seu relato “Vida de celuloide” . Premio de 800 euros e medalla conmemorativa do certame.

 

    • 2º PREMIO: Marta Rodríguez Domínguez, de 15 anos, alumna de 4º ESO do IES Mendiño de Redondela pola súa obra “Escintileos ao amencer”. Premio de 400 euros e medalla conmemorativa.

 

    • 3º PREMIO: Clara Lage González, de 14 anos, alumna de 3º ESO do IES Valle Inclán de Pontevedra, pola súa narración titulada “O cazador de vagalumes”. Premio de 250 euros e medalla conmemorativa.

 

    • 1º ACCÉSIT: Isabel Miragalla Dorado, de 17 anos, alumna de 2º Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, Lugo, polo seu traballo “Marmelada de amorodos”.

 

    • 2º ACCÉSIT: Carlota Ocáriz González, de 17 anos. Cursa 2º de Bacharelato  no Colexio M. Peleteiro de Santiago de Compostela, pola súa obra “O rapaz cun tarro no corazón”.

 

    • 3º ACCÉSIT: Zaira Lima Portela, de 18 anos, de 2º de Bacharelato do IES A Sangriña de A Guarda,  polo seu traballo “O derradeiro pasaxeiro”.

Modalidade de POESÍA

 

    • 1º PREMIO: Antón Fernández Rodríguez. Cursa 2º de Bacharelato no Colexio Calasanz PP. Escolapios de A Coruña, polo seu traballo “Cartografía dun amor imposíbel”. Premio de 800 euros e medalla conmemorativa.

 

    • 2º PREMIO: Gabriela Fernández Gómez, de 17 anos, de 2º de Bacharelato do IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense, polo seu traballo “Memorias dunha astrónoma. Premio de 400 euros e medalla conmemorativa.

 

    • 3º PREMIO: Minerva Cairo Villar, de 17 anos. Cursa 2º de Bacharelato no Colexio M. Peleteiro, polo seu poema “Faena. Premio de 250 euros e medalla conmemorativa.

 

    • 1º ACCÉSIT: Román Rojo Campaña, de 16 anos de 1º de Bacharelato do IES Plurilingüe Rafael Dieste de A Coruña, pola súa obra “A fonte da alta aghramar”.

 

    • 2º ACCÉSIT: Enma Serrano Caneda, de 17 anos, de 1º de Bacharelato do IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela, polo seu traballo “Poemas diáfanos”.

 

    • 3º ACCÉSIT: Jacobo Vázquez Seoane, de 14 anos, de 3º ESO do Colexio M. Peleteiro de Santiago de Compostela,  polo seu traballo “Un mar innavegable.

 

 

Membros do xurado

Modalidade de NARRACIÓN

Presidente:   Armando Requeixo Cuba

Secretario Científico no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades, profesor da USC, investigador e crítico literario.

     Vogais:          Óscar Manuel Guzmán

Escritor.

Mariña Pérez Rei

Escritora e profesora de Lingua e Literatura Galega.

Andrea Barreira Freije

Escritora.

Alberto Muñiz

Profesor de Lingua e Literatura do Colexio M. Peleteiro.

Modalidade de POESÍA

Presidente:  Luís Alonso Girgado

Investigador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e crítico literario.

Vogais:          Marcelino López Martínez-Morás

Mestre, profesor de Lingua e Literatura, Latín e Grego.

Miriam Ferradáns

Poeta.

Manuel López Rodríguez 

Poeta.

Lourdes Castro Chorén

Profesora de Lingua e Literatura do Colexio M. Peleteiro.